Este sábado, 24 de maio, terá lugar en Lourenzá unha exhibición de patinaxe artística

Este sábado, día 24 de maio, desde as 19:00 horas terá lugar no Pavillón Municipal de Lourenzá unha exhibición de patinaxe artística para celebrar a fin de tempada.

Este evento deportivo está organizado polas Escolas Deportivas Lourenzá, que anuncia: “ven a disfrutar dunha tarde cheíña de espectáculo e diversión”.