Lourenzá
A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta a Piornedo (Ancares) os días 16, 17 e 18 de xuño.
A saída será o venres 16 ás 18:30 horas do Cantón de Vilanova. O sábado 17 terá lugar a ruta do Pico Agulleiro, de 14 quilómetros e unha dificultade media-alta; e o domingo 18 a do Sendeiro Novo, de 8 quilómetros e dificultade baixa.
As persoas interesadas poden inscribirse antes do 14 de xuño ás 20:00 horas, no teléfono 647 06 70 54. Os prezos son: 110 euros para os socios e 120€ para os non socios. O réxime de aloxamento é de media pensión. A asociación subvenciona parte da viaxe aos socios. As prazas son limitadas.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta pola Fraga de Vilapena, no municipio de Trabada, para o 27 de maio, sábado. A distancia son 10,3 quilómetros e a dificultade é meida-baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no mesón Camiño Norte, de Trabada.
A saída será ás 09:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20 horas do 24 de maio, chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 699.70.60.31. O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 30 euros para os que non o son.
Nos actos do Día das Letras Galegas dedicado a Francisco Fernández del Riego o vindeiro mércores, día 17, en Vilanova haberá as actuacións musicais de Luar na Lubre, Treixadura, Souto Xímaro, o Coro Mestre Pacheo, a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez e a Banda de Música de Lourenzá.
As actividades empezarán ás 10:00 horas cunha actuación da Banda de Música de Lourenzá polas rúas de Vilanova. A partir das 11 e media da mañá desenvolverase na Praza do Conde Santo o acto institucional da Xunta de Galicia, no que actuará o grupo musical Luar na Lubre.
Ás 12:30 horas no Multiusos Ponte de Cuñas terá lugar unha sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega, acto no que participarán o grupo musical Souto Xímaro e o coro Mestre Pacheco.
Ás 15:00 horas empezará un xantar...
leer másDesde a AC O Pasatempo sinalan: “sumámonos este domingo, 14 maio, á celebración do Día das Letras Galegas no noso veciño concello de Lourenzá, cunha actividade que recorda ó homenaxeado Francisco Fernández Del Riego e a súa amizade co escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro”.
A actividade comeza ás 10 horas diante da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, na Praza da Catedral, cunha andaina popular ata a Casa de Fernández Del Riego en Vilanova de Lourenzá, percorrendo os arredor de 9 quilómetros de distancia que hai polo Camiño de Santiago.
Desde O Pasatempo indican: “coa chegada prevista ás 12:30 horas, leremos unha das cartas que se recollen no libro Cartas ao meu amigo e que o escritor mindoniense enviaba desde a súa casa da Praza da Catedral ó seu gran amigo laurentino,quén xa se atopaba en Vigo. Posteriormente á lectura...
leer másEste xoves, día 11, ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá presentarase o libro Lume aceso, de Manuel Román Ramos (Manolo de Cartas) e Xosé López González (Pepe de Celeirao).
Ademais dos autores no acto intervirá a alcaldesa, Rocío López García, e haberá unha colaboración musical a cargo de Lino Rico Fernández e un recital poético de Esperanza Pérez Camba.
Este acto está incluído no programa de actividades das Letras Galegas 2023, dedicadas ao laurentino Francisco Fernández del Riego. Está organizado pola Mesa Coordinadora Don Paco e o Concello de Lourenzá, coa colaboración da Xunta de Galicia.
Onte, sábado, tivo lugar a presentación do cartel anunciador das actividades que se van a celebrar en Lourenzá co gallo do Día das Letras Galegas dedicado ao laurentino Francisco Fernández del Riego. É obra do pintor mariñán Hipólito Xeada, que estivo acompañado no acto pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e varios membros da Mesa Coordinadora Don Paco.
O mércores 17, Día das Letras Galegas, haberá varias actividades en Vilanova de Lourenzá: ás 11 da mañá na Praza do Conde Santo terá lugar o acto institucional da Xunta de Galicia; ás 12:30 horas no Multiusos Ponte de Cuñas celebrarase unha sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega; e ás 15:00 horas empezará no Campo do Mosteiro unha comida homenaxe a Francisco Fernández del Riego e ás Letras Galegas. Ademais durante todo o día haberá actuacións musicais...
leer másVilanova de Lourenzá acollerá numerosas actividades ata o día 17 deste mes para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado ao laurentino Francisco Fernández del Riego. Este programa de actos está organizado polo Concello e a Mesa Coordinadora Don Paco.
Este venres, día 5, terá lugar a entrega ao colexio Juan Rey do primeiro premio do concurso de carteis convocado pola Secretaria Xeral de Política Lingüística.
O sábado 6 presentarase o libro Francisco Fernández del Riego, lembranzas e reflexións, escrito por Héitor Mera, José Luis Abalo e Xan Leira. Será no centro social de San Xurxo ás 19:00 horas.
Para o día 7, domingo, está programada a andaina Cosme Barreiros-Salvador Lorenzana. A saída será desde Vilamartín Grande ás 10:00 horas e a recepción no Concello de Lourenzá está prevista...
leer másA asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo polo parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Terá lugar do 12 ao 14 de maio.
O sábado os participantes realizarán a ruta Corga da Fecha, en Lobios. Trátase dun percorrido de 15 quilómetros e de dificultade media. E o domingo farán a ruta das Queguas, por Entrimo. Neste caso o percorrido é de 8 quilómetros e de dificultade baixa.
As persoas interesadas en obter máis información e en inscribirse poden facelo ata o 9 de maio no teléfono 647 06 70 54 (Javier). O prezo para os socios e socias será de 120 euros e para os non asociados de 135 euros.
Desde Terras de Lourenzá explican que ademais das rutas que recolle o cartel, outros datos de interese desta viaxe: o sábado comeremos en ruta, polo que é preciso...
leer másTrátase dunha actividade guiada "De Cosme Barreiros a Salvador Lorenzana" na que se unen os concellos de Barreiros e Lourenzá. É unha ruta de 9 kms dende Vilamartín Grande ata Lourenzá polo Camiño Norte.
E haberá unha posterior visita guiada na Casa do Concello con Manuel Román Ramos e José Manuel García.
A ruta foi presentada polas alcaldesas, Rocío López e Ana Ermida, e por representantes da Mesa don Paco. Colabora a Deputación Provincial de Lugo.
Haberá servizo de autobús para as persoas inscritas desde Lourenzá (ida) e San Cosme de Barreiros (ida e volta)
Imprescindible inscrición previa ata o 4 de maio nos teléfonos: Barreiros (982.124.106) e Lourenzá (982.121.006 - 634.898.133).
A exposición Don Paco, o pícaro argalleiro atópase nas instalacións do Mosteiro de San Salvador, de Vilanova de Lourenzá. Trátase da primeira ocasión na que, dentro da programación de actividades dun Día das Letras se inclúe unha exposición que reúne os xogos e xoguetes que formaron parte da vida do autor homenaxeado.
A exposición recolle, previo estudo da obra de Francisco Fernández del Riego, os xogos e xoguetes citados por el como parte da súa crianza. Foron Xosé López e Xosé Manuel García, responsables do museo O recuncho das argalladas, radicado no Pazo de Tovar, tamén no concello de Lourenzá, as persoas que decidiron acometer este ambicioso e orixinal proxecto. As persoas promotoras son recoñecidas en Galicia e fóra das súas fronteiras como dous dos principais estudosos, na actualidade, sobre o xoguete tradicional.
... leer más