O Claustro do Mosteiro de San Salvador, en Lourenzá, acollerá o 30 de agosto a Mostra Folclórica do Conde Santo

A Asociación Cultural Osorio Gutiérrez, coa colaboración do Concello de Lourenzá, organiza unha nova edición da súa Mostra Folclórica, que terá lugar este sábado, 30 de agosto, a partir das 18:30 horas no Claustro do Mosteiro de San Salvador. 

Nesta cita participarán agrupacións de gran tradición, que achegarán música e bailes populares galegos: o Grupo Folclórico Mistura (Lieiro) e A.C Osorio Gutiérrez (Lourenzá).
O evento busca poñer en valor a nosa danza e música nunha tarde chea de cor e tradición.