Lourenzá
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo río Agüeira, no municipio asturiano de Pesoz, para o 21 de outubro, sábado. A distancia a percorrer son 10,5 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante desa zona.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 17 de outubro, chamando aos teléfonos 619.82.87.84 ou 619.37.80.29. O prezo é de 40 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son.
A novena edición da VespaFaba & Clásicos Lourenzá celebrarase esta fin de semana, sábado 30 de setembro e domingo 1 de outubro, durante a Festa da Faba. O evento foi presentado hoxe, martes, por unha representación dos organizadores -a asociación VespaFaba & Clásicos Lourenzá- e a alcaldesa laurentina, Rocío López García.
A primeira xornada está dedicada a scooters e motos clásicas. A partir das 10:00 horas farase a recepción e exposición na rúa Fernández del Riego; ás 11:30 haberá ximcana e probas de habilidade; ás 13:30 horas comezará a ruta e ás 15:00 no Bar Pitero terá lugar un xantar con entrega de premios e sorteos.
E o domingo os protagonistas do evento serán os coches clásicos. A partir das 10:00 horas farase a recepción e exposición na rúa Fernández del Riego; ás 13:30 horas sairá a ruta dos...
leer másA programación da XXXI Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará desde o día 29 deste mes ata o 1 de outubro, inclúe como novidade o Faba Fest. Será o venres pola noite no Campo dos Bolos e contará coa actuación do Grupo Beatriz e dos DJ Pedro Brmudz e Litainer, con entrada gratuíta. Ademais o programa inclúe outras actuacións musicais, degustacións e venda de fabas, exposicións e demostracións de artesáns, showcooking, cata de viño, tren turístico, concentración de vehículos clásicos e outras actividades.
Os actos empezarán o venres 29 ás 19:00 horas cun pasarrúas da Fanfarria Furruxa, que tamén actuará no Claustro do Mosteiro ás 21:00 horas. Ese día haberá ademais unha cata comentada de viño a cargo da adega Tapias Mariñán, da Denominación de Orixe Monterrei. E a partir das 22:30 horas no Campo dos Bolos, xunto ao mosteiro, terá lugar...
leer másO cartel da XXXI Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do 29 de setembro ao 1 de outubro, é obra do artista mariñán Hipólito Xeada. Na presentación acompañaron ao pintor a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.
Nos próximos días presentarase a programación do evento, que terá unha dedicatoria especial a Francisco Fernández del Riego, xa que se relerá o pregón que deu no ano 1998, na voz de Xulio Leal, actor do grupo Avelaíña Teatro, de Pontevedra. Tamén se contará coa presenza do Concello de Moeche como invitado institucional nesta edición.
A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo en Aller (Asturias) do 22 ao 24 de setembro. O sábado 23 farán a ruta Peña Mea, que ten unha distancia de 12 quilómetros e é de dificultade media alta. E o domingo percorrerán a ruta Foces del Pino, cunha distancia de 8 quilómetros e dificultade baixa.
A saída será o venres 22 ás 18:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 19 de setembro, chamando ao teléfono 647.06.70.54. O prezo é de 120 euros para os socios do colectivo organizador e de 140 euros para os que non o son. O réxime de aloxamento é de media pensión incluíndo o xantar do domingo. As prazas son limitadas.
O local da asociación de veciños de Santo Adrao, en Lourenzá, acollerá un curso de ferramentas dixitais para a actividade agraria de 12 horas. Será os días 25, 27 e 29 de setembro de 16:00 a 20:00 horas e está dirixido a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.
As inscricións poden facerse a través do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal ou dos teléfonos 982.12.13.76 e 698.15.96.67. O prazo remata o 15 de setembro.
A Escola de Música de Lourenzá te aberto ata o 30 de setembro o prazo de matrícula para o curso 2023-24, no que se aceptará o alumnado por orde de inscrición e terán preferencia os alumn@s de cursos anteriores.
Na escola de música laurentina ofrecen ensinanzas de frauta, óboe, fagot, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, percusión, batucada, gaita galega, piano, acordeón, guitarra, música e movemento (para maiores de 3 anos), linguaxe musical, conxunto tradicional e banda de música.
Os interesados poden contactar a través do correo electrónico bandademusicadelourenza@gmail.com ou do teléfono 618.43.50.83.
As festas do Conde Santo en Lourenzá celebraranse desde mañá, venres 25, ata o luns 28. Nesta fin de semana haberá tamén o XXIV Día da Bicicleta, a primeira concentración de camións, a tradicional mostra folclórica e o terceiro certame de bandas de música. Os festexos foron presentados polos organizadores e a alcaldesa, Rocío López.
As actividades empezarán mañá, venres, co XXIV Día da Bici, evento que empezará ás 18:00 horas na praza do Conde Santo, desde onde se fará un percorrido de 12 quilómetros ata A Cazolga. Ao final haberá probas e competicións en entregaranse trofeos e agasallos sorpresa. As inscricións serán a partir das 17:00 horas na praza. E ás 22:00 horas terá lugar a cea baile Lenda do Conde, na que haberá as actuacións de Toxo Guayaba, DJ´s e El niño lápiz.
O sábado 26 sairán os Cocos ás 11:30...
leer másA Federación Galega de Atletismo organizará o sábado 26 de agosto en Lourenzá os campionatos Xunta de Galicia de milla en ruta absoluto e das categorías sub 18, sub 20, sub 23 e máster e os de un quilómetro en ruta das categorías sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16.
A inscrición popular pode facerse na web www.carreirasgalegas.com.
Este evento deportivo conta co patrocinio do Concello de Lourenzá e a colaboración do club Escolas Deportivas Lourenzá.
As festas do Conde Santo en Lourenzá celebraranse do 25 ao 28 de agosto.
As actividades empezarán o venres 25 cunha cea baile e a actuación do grupo musical Toxo Guayaba, concerto que patrocina a asociación Patrimonio Laurentino.
O sábado 26 haberá sesión vermú coa orquestra La Favorita, que tamén amenizará a verbena xunto a Ritmo Bakano.
O domingo 27 na sesión vermú actuará Mar de Arousa, que tamén estará na verbena xunto a orquestra Cinema.
E o luns 28 rematarán os festexos cunha sesión vermú amenizada polo dúo Epo-k.
Estas festas están organizadas pola asociación Conde Santo coa colaboración do Concello de Lourenzá.