Paco Lanza

03/12/2025

A Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, edita un almanaque “para irmos andando o ano. Cun formato moi práctico (faldrón) no que poderemos ir anotando esas pequenas cousas do día a día (excursión para tal sábado da Paco Lanza, viaxe, visita médica...); tamén poderemos evocar cada vez que o miremos un poema inédito de Luz Pozo Garza, precisamente dedicado ao Nadal, así como a primeira representación pictórica na historia da arte galega, dunhas cantareiras (reprodución dun Bosquexo para De ruada, de Dionisio Fierros). Que a maxia das artes e da poesía nos mostren o camiño para lograrmos a paz. Ese é o desexo da Agrupación Cultural Francisco Lanza para este 2026”.

“Agora que imos ir preparando as compras de Nadal, podemos visitar o noso comercio local, onde mellor presta mercar, e de paso podemos recoller un...

leer más
06/05/2025

A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, acollerá este xoves, día 8 de maio, ás 20:30 horas a presentación do libro de relatos A voz do mosquito, escrito por Francisco García Novio.

O acto está organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza e o presidente deste colectivo ribadense, Farruco Graña, intervirá na presentación xunto ao autor da publicación.