A Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, editou un almanaque do ano 2026

A Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, edita un almanaque “para irmos andando o ano. Cun formato moi práctico (faldrón) no que poderemos ir anotando esas pequenas cousas do día a día (excursión para tal sábado da Paco Lanza, viaxe, visita médica...); tamén poderemos evocar cada vez que o miremos un poema inédito de Luz Pozo Garza, precisamente dedicado ao Nadal, así como a primeira representación pictórica na historia da arte galega, dunhas cantareiras (reprodución dun Bosquexo para De ruada, de Dionisio Fierros). Que a maxia das artes e da poesía nos mostren o camiño para lograrmos a paz. Ese é o desexo da Agrupación Cultural Francisco Lanza para este 2026”.

“Agora que imos ir preparando as compras de Nadal, podemos visitar o noso comercio local, onde mellor presta mercar, e de paso podemos recoller un exemplar do almanaque 2026 da Paco Lanza. Haino nos seguintes establecementos do comercio local ribadense: Xoiaría San Roque (Rúa San Roque), Atmósfera Sport Ribadeo (antiguo Deportes Docobo-Avda. Virxe do Camiño), Xanelas (Avda Rosalía de Castro), Pastelaría-cafetaría Pan de Limón (rúa Reinante), Floraría Maribel (rúa Viejo Pancho), Casa das Letras (rúa Rodríguez Murias), Picarolas (rúa Vilafranca do Bierzo), O Bosque Animado (Cantón dos Moreno), Clip Graf (rúa San Francisco), Libraría Bahía (rúa Reinante), Na punta do pé (zapateiro da rúa Ramón González), O Ferrado Marelo (Avda. de Galiza)”, anuncia a Agrupación Cultural Francisco Lanza.