Oural e Ferreira, en Lourenzá, celebran as festas de San Xosé o 9 ao 11 de maio

Oural e Ferreira, no municipio de Lourenzá, celebrarán as festas na honra a San Xosé desde o venres 9 ata o domingo 11 de maio.

As actividades comezarán o venres cunha cea a partir das 21:30 horas e despois haberá baile cos dúos Ángel América e Venús.

O sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión e sesión vermú co dúo Belinda, que tamén amenizará a verbena a partir das 22:30 horas, xunto a DJ Billy.

E o domingo ás 13:30 horas haberá misa solemne seguida de procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Matices.