Lourenzá
O salón de actos do Concello de Lourenzá acolle unha mesa redonda titulada “Fernández del Riego: de Lourenzá a América” este venres, 1 de decembro, ás 19 horas.
Esta actividade está organizada polo Consello da Cultura Galega, que explica: “Francisco Fernández del Riego, natural dunha bisbarra con alta emigración a América que xa dera fillas ilustres ás letras uruguaias como Juana de Ibarbourou, foi un colaborador frecuente na prensa galega e galeguista da emigración e do exilio dende a súa mocidade, e de maneira particular nos anos da posguerra, adoito co pseudónimo Salvador de Lorenzana. Nas súas crónicas informaba aos ausentes da evolución cultural, social e económica de Galicia; e como representante do galeguismo do interior mantivo un elo estreito cos galeguistas do exilio. Nesta mesa abórdase a polifacética relación de Lourenzá e...
leer másO club Escolas Deportivas Lourenzá organiza o primeiro Trofeo de Niveles de Patinaxe Artística A Mariña, que se celebrará este sábado, 2 de decembro, no pavillón municipal laurentino.
Este evento deportivo desenvolverase neste horario: de 10.30 a 13.30 e de 16.00 a 19.00 horas.
As Escolas Deportivas Lourenzá celebrará unha cea baile o día 2 de decembro, sábado a partir das 21:30 horas no Multiusos Ponte de Cuñas.
O menú, que servirá Catering Chao de Brea, está composto por caldo, costela asada, sobremesa, café e chupito.
Despois da cea actuará o grupo Sintético fantástico e rematará a festa con DJ Dani Rego.
As entradas están á venda en establecementos hostaleiros da vila ata o 29 de novembro.
Con motivo da conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero, o Concello de Lourenzá organiza dúas actividades: un espectáculo da artista Sue Moreno, previsto para o 3 de decembro, e un curso de autodefensa para mulleres, que será o día 15 do mesmo mes.
O domingo 3 de decembro ás 17:30 horas no pavillón municipal de Lourenzá a trapecista, actriz e bailarina Sue Moreno ofrecerá o seu espectáculo 4.0, que aborda as dificultades da conciliación familiar. É para todos os públicos e está incluído dentro das axudas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, do Ministerio de Igualdad .
E o 15 de decembro, venres, no Multiusos Ponte de Cuñas haberá un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas. Será de 15:30 a 20:30 horas e para participar hai que inscribirse chamando ao teléfono 982.121.036....
leer másO Sindicato Labrego Galego organiza a actividade denominada “Xornada de historias de vida: 3 vidas, 7 fotos. Mulleres que nos inspiran. Se o podes soñar pódelo crear”. Será o mércores 22 de novembro na Biblioteca Maravilhas, que está na parroquia de Arroxo, no concello de Lourenzá.
Será de 10:30 a 18:30 horas, con comida compartida, e intervirán a educadora ambiental e escritora Inma Soto Iglesias; a dinamizadora comunitaria creadora da Biblioteca Maravilhas, Rosa Espiñeira Pan; e Elia Rodríguez Álvarez, que falará de experiencias arredor da agroecoloxía e da cultura.
Para asistir hai que inscribirse a través do teléfono 606.398.305.
A asociación Patrimonio Laurentino organiza unha viaxe a Vigo para este sábado, 18 de novembro. O prazo para anotarse e pagar remata este mércores, día 15. O custo, co xantar incluído, é de 22 euros para os membros do colectivo organizador e de 25 euros para os que non o son. O autobús é de balde porque está financiado cunha axuda do Concello de Lourenzá.
Os organizadores explican: “este ano decidimos viaxar a Vigo. Coñeceremos o legado de Del Riego: pinacoteca e fundación Penzol, que nos abren as súas portas o sábado 18. Comeremos no R.C. Náutico e pola tarde desfrutaremos da cidade olívica. Tan só animarvos a participar e renderlle homenaxe a este laurentino como a el lle gustaría: reunirse cos veciños e disfrutar da cidade que o acolleu. Animámosvos a participar nesta visita imprescindible no ano no que se lle dedican as Letras Galegas...
leer másA Comisión de Festas de Canedo, no concello de Lourenzá, organiza unha cea baile para o 11 de novembro, sábado, a partir das 21:30 horas. Será no campo da festa de Canedo.
O menú da cea estará composto por fabada, costela asada de porco, sobremesa, café e chupito. Os tickets están á venda nos bares do pobo (Xiraldo, Gayoso, Baos, Pipote, Galaxia, Aturuxo, Morrigan e Torreón) ou comunicándose con calquera dos tres membros da comisión: David, Diego e Suso. Debido a que é unha cea por encargo a fecha límite para a recollida dos tickets é o 9 de novembro.
Despois da cea haberá verbena amenizada polo trío Zafiro e o DJ Billy, ademais de sorteo de regalos e más sorpresas.
Os organizadores anuncian que “o evento celebrarase baixo carpa con calefactores, se o tempo non axuda”.
A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo no Bierzo (León) os días 11 e 12 de novembro. O sábado farán a ruta Valle del Silencio, que ten unha distancia de 10,6 quilómetros e é de dificultade media alta. E o domingo percorrerán a ruta de Salto del Pelgo a Toral de los Vados, cunha distancia de 7 quilómetros e dificultade baixa.
A saída será o sábado ás 07:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do mércores 8 de novembro chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 699.70.60.31. O prezo é de 100 euros para os socios do colectivo organizador e de 110 euros para os que non o son. As prazas son limitadas.
Os organizadores explican: “o sábado faremos parada en Vega de Valcarce para almorzar, a ruta comezará arredor das 9:45horas e...
leer másO día 4 de novembro, sábado, ás 20:00 horas dará comezo no multiusos Ponte de Cuñas a quinta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “o sábado 4 de novembro dará comezo o V Certame de Teatro Concello de Lourenzá. Abrirá o concurso o grupo Hipócrita Teatro, de Lugo, coa obra Arte, e rematará o 16 de decembro coa gala de entrega de premios, que incluirá a representación da obra Anacos, de Ítaca Teatro”.
As seguintes representacións do certame serán os días 5, 10, 11, 17, 19, 25 e 26 de novembro e correrán a cargo das compañías Ollomao, de Barreiros; O Torques, de Burela; Alxén, de Salvaterra; Anómico, de Vigo; Carauta, de Santiago; Fauna 113, de Vigo; e Coles, desa localidade da provincia de Ourense.
O Sindicato Labrego Galego organiza unha xornada formativa sobre “A nova PAC: distintas ferramentas para a súa xestión”. Será no Multiusos Ponte de Cuñas, que está no recinto feiral de Lourenzá, o venres 27 de outubro de 11 a 14 horas e de 16h a 18 horas. A data límite de inscrición é o 25 de outubro.
Os interesados en obter máis información e para apuntarse poden facelo a través do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal ou dos teléfonos 982.130.615 e 982.121.376.