Lourenzá acolle este sábado, 25 de outubro, unha charla de Carlos Andrés González Paz sobre a historia do mosteiro de San Salvador

Vilanova de Lourenzá acollerá este sábado, día 25 de outubro, unha charla sobre a historia do mosteiro de San Salvador a cargo de Carlos Andrés González Paz, historiador e investigador do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. Falará de Señorío e monacato: A decadencia da comunidade monástica de San Salvador de Lourenzá no século XII.

Será ás 19:30 horas no salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá e está organizada pola asociación Patrimonio Laurentino.