Lourenzá
O grupo Uganda Sticks e os Grandes Tambores de Ruanda ofrecerá a súa única actuación na Mariña este xoves, día 13 de agosto, en Lourenzá. Será ás 20:30 horas no Claustro do Mosteiro, pero en caso de choiva trasladarase ao Multiusos Ponte de Cuñas, no recinto feiral.
O Concello de Lourenzá explica que será unha “festa africana con viño, bebidas e pinchos. Auténtica danza e percusión e única actuación na Mariña”.
O prezo da entrada é de 15 euros e véndense anticipadamente en Cabaleiros Xardín, Bar Aturuxo (Lourenzá), Bar Rincón (Mondoñedo) e na web www.giglon.com e unha hora antes do espectáculo.
O Concello de Lourenzá destaca que é unha “actuación solidaria a beneficio da ONG Música para salvar vidas, orfanato de Uganda. Un proyecto de ayuda a niños y...
leer másO Concello de Lourenzá anuncia que a Praza do Conde Santo converterase nun gran escenario ao aire libre para acoller a representación teatral Ñiqui Ñaque, unha coprodución de Espectáculos Valente e o Centro Dramático Galego. Será este domingo, día 2 de agosto, ás 20:00 horas.
Os actores Dani Lago e Ángel Blanco interpretarán un texto de Cándido Pazó coa dirección de Roberto Vázquez.
“Unha proposta teatral para gozar da cultura e do humor nunha tarde de verán pensada para todos os públicos”, explica o Concello de Lourenzá.
O programa Verán na Praza segue enchendo as rúas de Lourenzá vida e actividade e o vindeiro mércores, día 5 de agosto, ás 19:00 horas a Praza do Conde Santo acollerá un torneo de petanca, unha proposta “pensada para gozar en familia e aberta a persoas de todas as idades”, anuncia o Concello.
A actividade está organizada pola Asociación Valdeflores, en colaboración co Concello de Lourenzá, e “será unha excelente oportunidade para compartir unha tarde de convivencia, deporte e diversión arredor dun dos xogos tradicionais máis populares”.
“Animamos a toda a veciñanza a participar, tanto a quen xa practica este deporte como a quen queira achegarse por primeira vez para aprender as tácticas e os segredos da petanca da man de persoas con experiencia. O máis importante será desfrutar do ambiente, coñecer este xogo e...
leer másO mércores 29 de xullo ás 19:30 horas a Praza do Conde Santo, de Lourenzá, acollerá unha nova actividade do programa Verán na Praza: Xogando a aprender: Seguridade Viaria, unha proposta gratuíta e dirixida a todas as idades.
O Concello de Lourenzá explica que “durante aproximadamente dúas horas os máis pequenos e pequenas poderán aprender de forma divertida as normas básicas de seguridade viaria a través de xogos, circuítos, sinalización e actividades prácticas, descubrindo tamén a importancia do uso do chaleco reflector e doutros elementos de protección. Esta actividade está organizada pola asociación Vespafaba Clásic@s Lourenzá, que ofrecerá unha xornada pensada para fomentar hábitos seguros desde a infancia nun ambiente lúdico e participativo”.
A organización solicita que os participantes nesta...
leer másO Concello de Lourenzá anuncia que o día 31 de xullo, venres, desde as 19:30 horas no Cantón celebrarase o evento Vilou Beer, organizado pola asociación Conde Santo.
A música estará a cargo da Charanga A Bicoia e de DJ Dani Rego, presentarase o cartel das Festas do Conde Santo 2026 e degustarase churrasco, panceta, bolos preñados e cervexas internacionais. Ademais haberá xogos cervexeiros e colchonetas.
A asociación Conde Santo anima a todos “a asistir e participar nesta cita xa consolidada no calendario do verán laurentino”.
E a alcaldesa, Rocío López, agradece á asociación Conde Santo a organización deste evento.
O programa Verán na Praza, impulsado polo Concello de Lourenzá, continúa o vindeiro mércores, 22 de xullo, con dúas actividades “pensadas para desfrutar do verán en familia e seguir dinamizando a vida social e cultural da vila”. Son paseos a cabalo e unha ruta nocturna a pé.
A primeira cita será ás 19:00 horas na Praza do Conde Santo, coa actividade infantil A cabalo en Lourenzá, organizada pola Asociación Cabaleiros de Lourenzá. “Durante dúas horas os nenos e nenas poderán gozar de paseos a cabalo e participar en diferentes actividades relacionadas co mundo ecuestre, nunha proposta lúdica e educativa que lles permitirá achegarse aos cabalos dunha forma divertida e segura. A actividade está pensada para o público infantil e as súas familias e é de carácter gratuíto”, explica a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, que...
leer másA Cooperativa Terras da Mariña, que tes a súa sede en Lourenzá, organiza unha xornada de portas abertas para este xoves, día 9 de xullo: “convidámoste a coñecer de preto todo o que facemos. Visita ás nosas instalacións. Froitas e verduras de tempada, recén chegadas dende orixe. Degustación de froitas elaboradas polo cociñeiro Bruno Pena; información sobre a nosa gama de pensos NUDESA para vacún, porcino, avícola, equino e moito máis.
A xornada de portas abertas será de 10:00 a 13:00 horas e a charla informativa co equipo de NUDESA está programada para as 13:30 horas.
O Concello de Lourenzá pon en marcha este verán unha nova iniciativa “para dinamizar a Praza do Concello e convertela nun punto de encontro para veciñanza e visitantes. Baixo o nome de Verán na Praza, a programación reunirá actividades culturais, deportivas, musicais e de lecer que se celebrarán ao longo dos mércores dos meses de xullo e agosto. Esta nova proposta súmase á programación habitual do verán e nace co obxectivo de facer da praza un espazo vivo, aberto e participativo, pensado para persoas de todas as idades”.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica: “ademais da programación habitual, este ano quixemos dar un paso máis e crear unha iniciativa propia que lle dea vida á Praza do Concello durante todo o verán. Queremos que cada mércores sexa unha oportunidade para saír á rúa, compartir tempo en familia, atoparse cos...
leer másA parroquia de San Xorxe, no municipio de Lourenzá, celebra as festas na honra de Santa Isabel esta fin de semana, desde este venres 3 de xullo ata o domingo 5.
As actividades comezarán este venres, xornada na que haberá verbena co dúo Belinda e a orquestra Metrópolis.
O sábado ás 13:30 horas celebrarase misa con procesión e despois haberá sesión vermú co grupo Lume, que tamén actuará na verbena, xunto á Disco Móbil The Sound Project.
E para o domingo está programada misa para as 13:30 horas e despois procesión e sesión vermú larga co dúo Belinda e a Disco Móbil The Sound Project.
A Asociación Valdeflores organiza unhas xornadas informativas sobre saúde e benestar que se celebrarán no salón de actos do Concello de Lourenzá e estarán abertas a toda a veciñanza. Serán os días 28 de xuño e 2 de xullo.
Este domingo, día 28 de xuño, ás 18:30 horas haberá unha charla titulada
Hipertensión arterial e diabetes mellitus. Ideas claves para o paciente, a cargo de Alba Blanco Vázquez, médica do Centro de Saúde de Lourenzá.
E o xoves 2 de xullo ás 19:00 horas María José García Veiga, traballadora social do Concello de Lourenzá, falará sobre Autocuidado e envellecemento activo.












