Lourenzá

04/05/2025

Oural e Ferreira, no municipio de Lourenzá, celebrarán as festas na honra a San Xosé desde o venres 9 ata o domingo 11 de maio.

As actividades comezarán o venres cunha cea a partir das 21:30 horas e despois haberá baile cos dúos Ángel América e Venús.

O sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión e sesión vermú co dúo Belinda, que tamén amenizará a verbena a partir das 22:30 horas, xunto a DJ Billy.

E o domingo ás 13:30 horas haberá misa solemne seguida de procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Matices.

 

25/04/2025

Organizado polo Concello de Lourenzá e distintas asociacións do municipio, coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo, o xoves día 1 de maio celebrarase o tradicional desfile do Maio e unha nova edición da Festa Campesiña.

A xornada comezará coa elaboración dos maios e a decoración do carro onde irá a Magdalena no recinto feiral durante a mañá. Ás 12 do mediodía abrirán no Campo dos Bolos os postos de artesanía e alimentación. A continuación haberá unha sesión vermú a cargo de Dj Billy, dando paso a un xantar popular. Para as 16:30 horas está prevista a saída do Maio, que desde o recinto feiral percorrerá as distintas rúas da vila para rematar no Campo dos Bolos. Acompañará ao Maio a música de AC Osorio Gutiérrez e Ledicia SCR. Ás 19:00 horas o grupo de teatro Trípode representará a obra A presa. Ao remate entregaranse os...

leer más
22/04/2025

Avanzando nas accións trazadas no contexto do Plan de Sostibilidade Turística, a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense vén de abrir a inscrición para participar na xornada de formación Novos retos e oportunidades no marketing dixital, dirixida principalmente a sectores vinculados á actividade turística no territorio da Mariña. O encontro terá lugar o 7 de maio no salón de actos do Concello de Lourenzá. As persoas interesadas poden inscribirse xa e ata o día 5.
 
A vicepresidenta da Mancomunidade, Ana Ermida, explicou que “o encontro ten como obxectivo favorecer a formación e actualización de coñecementos dos profesionais dedicados ao sector turístico, tratando de aproveitar todas as posibilidades que nos brinda o mundo dixital cun obxectivo claro: favorecer o desenvolvemento da Mariña como destino de turismo sostible, innovador e competitivo”....

leer más
Etiquetas:
21/04/2025

A parroquia de San Xorxe, no concello de Lourenzá, celebrará a festa na honra do seu patrón este sábado, día 26 de abril.

As actividades comezarán ás 13:30 horas con misa solemne e seguidamente haberá sesión vermú co dúo Belinda. A continuación terá lugar unha comida popular.

Tamén haberá sesión tarde noite amenizada polo dúo Belinda e a orquestra Metropolis. E rematará a festa coa actuación de Cosme DJ.

14/04/2025

O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, participou este luns na presentación do torneo de baloncesto XVI Lourenzá En Xogo, que se celebrará os días 16, 17 e 18 de abril en Lourenzá.

 A Vicepresidencia da Deputación é o principal patrocinio institucional deste torneo de baloncesto feminino de base, organizado pola ED Lourenzá, que “é unha referencia neste tipo de campionatos e que reúne clubs tanto de Galiza como do resto do Estado”.

Daniel García destacou “a singularidade deste torneo cunha traxectoria de dezaseis anos de apoio e visibilización do baloncesto feminino” e valorou o “traballo da organización que consegue que clubs de base de distintos puntos do Estado veñan a xogar este torneo, contribuíndo a dinamizar o concello e a comarca coa presenza das xogadoras e das súas familias”.

En total nesta edición...

leer más
11/04/2025

Lourenzá acollerá esta vindeira Semana Santa diversas actividades: visitas guiadas ao mosteiro de San Salvador, a décimo sexta edición do torneo de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, e o festival musical Vilou Spring Fest coa actuación da orquestra Panorama.

As visitas guiadas ao mosteiro de San Salvador serán desde o luns 14 ata o sábado 19 ás 12:00 horas e o prezo é de 3 euros por persoa. Para participar hai que reservar previamente a través dos teléfonos 982.121.006, 982.147.156 ou 646.384.124 ou do correo electrónico lourenzaturismo@outlook.es. As entradas venderanse na Oficina de Turismo, que está no Centro de Interpretación da Faba.

O Vilou Spring Fest será o Xoves Santo, día 17 de abril no Campo dos Bolos, onde se instalará unha...

leer más
04/04/2025

A Comisión de Festas de Santo Tomé, parroquia do concello de Lourenzá, organiza unha cea baile para o día 12 de abril, sábado. Celebrarase no pavillón desde as 22:00  horas. Explican que é un “evento para xuntar diñeiriño para a festa”.

O menú está composto por callos, costela asada, sobremesa, bebida e café. E da música encargarase o dúo Tropical.

Os tickets para participar están á venda nos establecementos Casa Gayoso, Cafetería Baos, Morrigan, Torreón e O Xiraldo. Tamén se poden mercar a través dos membros da comisión de festas.

01/03/2025

O Sindicato Labrego Galego organiza en Lourenzá un curso dedicado ao uso de ferramentas dixitais. Desenvolverase os días 10, 12 e 14 de marzo no Multiusos Ponte de Cuñas de 16 a 20 horas.

Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden contactar a través do teléfono 982.121.376 e do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal.

Etiquetas:
14/02/2025

Lourenzá celebrará o seu desfile de Entroido o Domingo de Piñata, día 9 de marzo, con máis de 5.000 euros en premios. Estará amenizado coa música do dúo Epo-K.

O desfile empezará ás 16:30 horas e haberá premios para as categorías infantil e adulta individual, parellas, grupos, carrozas, charangas, comparsas e premio especial ao máis chistoso. As inscricións para participar poden facerse na Biblioteca Municipal de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres, por teléfono no 982.12.10.06 ou por WhatsApp no 637.05.51.63. E tamén o propio domingo 9 de marzo no recinto feiral de 12:00 a 15:00 horas.

Está organizado polo Concello de Lourenzá, coa colaboración da asociación de comerciantes, industriais e autónomos ACIAL.

O primeiro tenente de alcalde, Javier Huertas, destaca que “ao ser o 9 de marzo...

leer más
01/02/2025

A parroquia de San Xurxo, no concello de Lourenzá, celebrará o día 22 de febreiro, sábado, o evento denominado San Xorxe Fest.

Está organizado pola comisión de festas da localidade e inclúe cea a partir das 20:30 horas e as actuacións musicais dos grupos Lume, Montreal e La Tremenda, ademais do DJ Cosmedeejay.