Lourenzá
A Concellería de Cultura de Lourenzá convoca a sétima edición do Certame de Teatro Concello de Lourenzá, no que poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas variantes dialectais.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “os grupos interesados en participar deberán inscribirse nas oficinas municipais do Concello de Lourenzá ou por correo, enviando a seguinte documentación: ficha de inscrición, que aparece na páxina web do Concello, fotocopia do CIF da compañía ou grupo, ficha artística e técnica e DVD, pendrive ou tarxeta coa gravación dunha representación da obra presentada a concurso. O prazo de presentación das solicitudes comezará ao día seguinte...
leer másA parroquia da Cazolga (Lourenzá) celebrará os días 22, 23 e 24 de agosto as súas tradicionais festas na honra a San Pedro Fiz.
O venres 22 de agosto, a partir das 21.00 horas, veciños e visitantes poderán gozar dunha gran pulpada e churrascada servida polo Bar Rochela, de Vilalba. A partir das 23:00 horas, a festa continuará cunha animada verbena a cargo da orquestra Marbella e o DJ The Sound Project.
O sábado 23, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne con procesión, seguida dunha sesión vermú co Grupo La Tremenda. Xa pola noite, ás 22:30 horas, repetirase a verbena con La Tremenda e DJ The Sound Project.
O domingo 24, ás 13:30 horas, celebrarase a misa e procesión, tras a que actuará no vermú o Dúo Belinda, poñendo o broche final ás festas.
A reserva dos...
leer másA parroquia de San Xorxe, no concello de Lourenzá, celebrará as festas na honra a Santa Isabel esta semana, desde o venres 4 ata o domingo 6 de xullo.
As actividades comezarán o venres cunha verbena amenizada polo dúo Belinda e o grupo Fénix.
O sábado ás 13:30 horas haberá misa e procesión; despois sesión vermú a cargo do grupo Montreal, que tamén actuará na verbena xunto a Disco Móbil The Sound Proyect.
E o domingo ás 13:30 horas celebrarase misa e procesión. A continuación empezará unha sesión vermú larga a cargo do dúo Belinda e Disco Móbil The Sound Proyect.
A parroquia de San Adriano, no concello de Lourenzá, celebrará a festa romaría na honra do seu patrón o día 16 de xuño, luns.
As actividades comezarán ás 9:00 horas coa primeira misa; ás 10:00 haberá a rogación, seguida dunha misa; ás 13:00 horas celebrarase a misa de mediodía, seguida de sesión vermú a cargo da orquestra Miramar. E ás 19:00 horas será a última misa e de seguido festa verbena co dúo Epo-K e a orquestra Miramar.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha a I Semana do Patrimonio Invisible da provincia de Lugo, unha iniciativa que “abre as portas de espazos históricos e culturais habitualmente inaccesibles ou pouco coñecidos”. Inclúe actividades en Mondoñedo e Lourenzá.
A deputada de Cultura, Iria Castro, acompañada pola xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago; a directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro; e o responsable da coordinación das actividades César Abella, presentou a iniciativa que “ofrece á cidadanía unha oportunidade única de descubrimento de lugares fóra dos circuítos turísticos convencionais, a través de visitas guiadas en grupos reducidos”.
Iria Castro explicou que “con este ciclo de visitas visibilizamos diferentes espazos fomentando o coñecemento e a valorización da...
leer másA cea baile para clausurar a tempada das Escolas Deportivas de Lourenzá celébrase o sábado 7 de xuño
A cea baile para clausurar a tempada 2024-25 das Escolas Deportivas de Lourenzá celebrarase o día 7 de xuño, sábado, no Multiusos Ponte de Cuñas desde as 22:00 horas.
“Chega o momento máis esperado do ano! O sábado 7 de xuño despedimos a XXIX edición das Escolas cunha gran cea baile, con música, diversión e moita emoción. Os nen@s das Escolas están convidados, pero deben anotarse antes do antes do luns 2 de xuño. Para familias, socios e público en xeral podedes mercar os tickets en Morrigan (Lourenzá) e Carnicería Ben&Vior (San Cibrao). Prezos: adultos, 15 euros; e nenos que non forman parte das Escolas, 10 euros. A data límite para mercar os tickets é o luns 2 de xuño”, anuncian as Escolas Deportivas de Lourenzá.
Este sábado, día 24 de maio, desde as 19:00 horas terá lugar no Pavillón Municipal de Lourenzá unha exhibición de patinaxe artística para celebrar a fin de tempada.
Este evento deportivo está organizado polas Escolas Deportivas Lourenzá, que anuncia: “ven a disfrutar dunha tarde cheíña de espectáculo e diversión”.
Canedo, no concello de Lourenzá, celebrará a Festa da Nosa Señora da O esta fin de semana, desde o venres 16 ata o domingo 18 de maio
As actividades comezarán o venres con pulpada e churrascada a partir das 21:00 horas. E despois haberá verbena coas orquestras Los Satélites e Marbella.
O sábado celebrarase misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Miramar, que tamén actuará na verbena, a partir das 23:00 horas, xunto á orquestra Acordes.
E o domingo haberá misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Acordes.
A organización das festas destaca que dispoñen de carpa e amplos aparcamentos.
Co gallo da celebración das Letras Galegas, a Biblioteca Municipal Juana de Ibarbourou, de Lourenzá, organiza, dentro do programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia, o espectáculo titulado Dende Rosalía ata as cantareiras (Letras Galegas 2025), a cargo da compañía de teatro A Xanela do Maxín. Será o día 14 de maio, mércores, ás 19 horas no salón de actos do Concello de Lourenzá.
A bibliotecaria municipal de Lourenzá, María José López Noceda, explica que “esta actividade, dirixida ao público infantil, pretende poñer en valor o legado das mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas, dende Rosalía ata as cantareiras. Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura”.
Oural e Ferreira, no municipio de Lourenzá, celebrarán as festas na honra a San Xosé desde o venres 9 ata o domingo 11 de maio.
As actividades comezarán o venres cunha cea a partir das 21:30 horas e despois haberá baile cos dúos Ángel América e Venús.
O sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión e sesión vermú co dúo Belinda, que tamén amenizará a verbena a partir das 22:30 horas, xunto a DJ Billy.
E o domingo ás 13:30 horas haberá misa solemne seguida de procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Matices.












