Escape Room
A empresa Escapeo anuncia que o proxecto XOGAL chega á súa segunda cita “coa enerxía que marca o verán. A proposta aterra este sábado en Lourenzá, unha vila con un mosteiro monumental, unha figura lendaria e un sabor propio que este sábado 20 de xuño se converte nun gran escenario de xogo ao aire libre, aberto a todo o mundo e totalmente gratuíto”
O proxecto XOGAL, impulsado polos GDR Terra Chá, Terras de Miranda, Montes e Vales Orientais e Miño Ulla en colaboración coa empresa galega Escapeo, arrinca a súa segunda cita co escape room Lourenzá e o Conde Santo, no que haberá “enigmas, retos e pistas que percorren a historia e o patrimonio dunha vila que agocha moito máis do que parece. Ademais da experiencia de xogo en si, os equipos mellor clasificados poderán levar premios en forma de experiencias turísticas e de lecer. Todas as...
leer másCervo acolle este sábado, 13 de xuño, a primeira cita de Xogal 2026: un escape room gratuíto ao aire libre que “converte o legado industrial e artístico de Sargadelos nunha aventura para toda a familia”, anuncia a empresa organizadora, Escapeo, que engade: “cerámica, lume, memoria industrial e natureza: Cervo agocha un dos patrimonios máis fascinantes de Galicia e este sábado 13 de xuño hai unha escusa perfecta para descubrilo dunha maneira completamente diferente. O proxecto Xogal, impulsado polos GDR Terra Chá, Terras de Miranda, Montes e Vales Orientais e Miño Ulla en colaboración coa empresa galega Escapeo, arrinca a súa segunda edición cun escape room ao aire libre aberto a todo o mundo e totalmente gratuíto”.
A organización desta actividade engade que “a cita é o sábado 13 de xuño ás 11:00 horas na Praza do Souto, en Cervo. Os...
leer másA biblioteca municipal de Barreiros acollerá un escape room para rapazada de 4 a 16 anos. Será o día 23 de outubro, xoves, ás 16:30 horas.
O Concello de Barreiros anuncia: “achégase o Día das Bibliotecas e queremos celebralo cunha actividade para a rapazada. O día 23 de outubro ás 16:30 horas faremos un escape room na Biblioteca Municipal de Barreiros, onde se agochan unha serie de misterios que deberedes resolver. Por equipos, utilizando a cooperación, o enxeño e a comunicación activa teredes que superar unha serie de probas e descifrar enigmas para conseguir o obxectivo común. Quen será capaz de resolvelo? Trátase dunha actividade moi divertida, que vos permitirá resolver problemas a través do traballo en equipo. De aquí levaredes unha aprendizaxe moi importante para o voso futuro, poñendo en valor a importancia da biblioteca e da...
leer másViveiro acollerá este sábado, día 10 de maio, un Escape Room sobre os riscos dos xogos de azar.
“O vindeiro 10 de maio achégate á chaira fronte ao Pavillón Municipal de Viveiro e participa nunha experiencia única: un Escape Room pensado para sensibilizar sobre os riscos dos xogos de azar. Unha actividade diferente, divertida e con conciencia. Serás quen de saír a tempo?”, anuncia o Concello de Viveiro.
A duración é de 45 minutos, para grupos de ata 5 persoas cunha idade mínima de 14 anos. A entrada é gratuíta.
Mondoñedo acollerá un Escape Room sobre o escritor Álvaro Cunqueiro este domingo, día 5 de xaneiro, a partir das 16:00 horas. Será na Casa Museo Álvaro Cunqueiro con entrada de balde.
Esta actividade está organizada pola Asociación Xuvenil Xoldra, que anuncia: “sumérxete no universo literario do gran autor mindoniense e pon a proba as túas habilidades resolvendo enigmas inspirados nas súas obras e na súa cidade natal. Inscribe o teu grupo de 3 a 6 participantes enviándonos unha mensaxe directa ou un correo a xuvenilxoldra@gmail.com. Premio ao grupo máis veloz”.
O xoves 2 de xaneiro celébrase o Nadal na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, cunha actividade de animación á lectura na cal os nenos e nenas se converterán en auténticos detectives para resolver "O misterio das cartas dos Reis Magos".
É unha actividade para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos. Hai 30 prazas dispoñibles e para participar hai que anotarse no Whatsapp da Biblioteca: 604.08.42.01.








