Viveiro acolle este sábado, 10 de maio, un Escape Room sobre os riscos dos xogos de azar

Viveiro acollerá este sábado, día 10 de maio, un Escape Room sobre os riscos dos xogos de azar.

“O vindeiro 10 de maio achégate á chaira fronte ao Pavillón Municipal de Viveiro e participa nunha experiencia única: un Escape Room pensado para sensibilizar sobre os riscos dos xogos de azar. Unha actividade diferente, divertida e con conciencia. Serás quen de saír a tempo?”, anuncia o Concello de Viveiro.

A duración é de 45 minutos, para grupos de ata 5 persoas cunha idade mínima de 14 anos. A entrada é gratuíta.