As motos e coches clásicos volven a Lourenzá pola Festa da Faba esta fin de semana, 3 e 4 de outubro

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncia que colabora un ano máis coa organización deste evento, que se “afianzou no programa da festa gastronómica laurentina contribuíndo a dinamizar as rúas da vila coa presenza de ducias de coches e motos antigas chegadas desde distintos puntos de Galiza”.  O deputado provincial Daniel García participou na presentación do Vespafaba & Clásicos Lourenzá, que se celebra esta fin de semana -3 e 4 de outubro- no marco da Festa da Faba. No acto, no que tamén participaron a alcaldesa, Rocío López; e Antonio Irimia e Borja Torrente, do club Vespafaba & Clásicos Lourenzá LU; Daniel García destacou a traxectoria da organización, que integrou as motos e os clásicos entre as imaxes icónicas da Festa da Faba” e destacou “a importancia de que os colectivos da vila sumen á programación dun evento que promociona a Faba de Lourenzá”.

O sábado -3 de outubro- o protagonismo será para as motos cunha xuntanza de scooters e motos clásicas. O domingo -4 de outubro- haberá unha ruta de coches clásicos, que partirá do centro da vila.