San Valentín
A asociación de hostaleiros e comerciantes Beiras de Viveiro organiza el 1º San Valentín Erótico. Esta actividade terá lugar o venres, 10 de febreiro, e o sábado, día 11. Levarase a cabo en todos os comercios e locais hostaleiros de Covas. Estes últimos servirán tapas elaboradas especialmente para a ocasión, a un prezo de 2 euros.
Un total de once establecementos participan nesta iniciativa e presentan tapas que se denominan con coñecidos títulos de películas.
Os locais nos que se poden degustar estas tapas son: Tixolas que presenta Huevos de Oro, Galipizza con Los gozos y las sombras, Dekada con La pasión turca, Gruta con Lucía y el sexo, Aquitania con Instinto básico, Nautae con 9 semanas y media, Forum con 50 sombras de Grey, Mesón con Jamón jamón, Sixties con Kiki, el amor se hace, Punto galego con Garganta...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz celebra San Valentín con varias propostas. Todas aquelas persoas que fagan as súas compras destas datas do 6 ao 14 de febreiro “poderán cubrir o tícket cos seus datos e deixalos no local para participar no sorteo de 5 ceas románticas para compartir coas súas parellas”. Desde a directiva do CCA contan que “o sorteo farémolo o 17 de febreiro ás 12 da mañá a través de Radio Foz. O que pretendemos con esta campaña é animar á xente a facer as súas compras no noso comercio e queremos premialos por iso con ese sorteo de cinco ceas románticas”.
Os que se acheguen a Foz a vindeira fin de semana poderá gozar da 7ª Festa da Cociña Afrodisíaca, que terá lugar os días 10 e 11 de febreiro en varios locais de hostalaría da vila. Na directiva sinalan que “estamos diante dunha cita tradicional e consolidada nesta datas na...
leer másAcisa Ribadeo sorteará tres ceas para dúas persoas dentro da campaña de San Valentín, que terá lugar do 4 ao 14 de febreiro.
Esta campaña lévase a cabo baixo o slogan O que necesitas é amor, pero comer hai que comer. Acisa quere con iniciativas como esta “animar aos consumidores a facer as súas compras destas datas en Ribadeo e así dinamizar o comercio de proximidade”.
Desde a directiva de Acisa explican que “aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados do 4 ao 14 de febreiro, deberán cubrir unha papeleta para participar no sorteo de tres ceas románticas para dúas persoas, cada unha delas”.
Entre os días 15 e 16 de febreiro os comercios asociados entregarán as papeletas cubertas aos membros da oficina de Acisa, en Avenida de Galicia 20, 2ª planta. E o día 16...
leer más