A tapa do restaurante El Oviedo foi a elixida polo público como a mellor do Ribadeo Sabe 2026. Os premios serán entregados o 4 de xuño

A tapa do restaurante El Oviedo foi a elixida polo público como a mellor do Ribadeo Sabe 2026, o renovado concurso gastronómico celebrado do 14 ao 17 de maio organizado polo Concello e por Acisa. E tivo lugar o  sorteo entre as persoas participantes co obxecto de determinar as gañadoras dos premios destinados ao público. A culler de bronce será para María Jesús Vior Fernández, a culler de prata para Javier Páez Pérez e  a culler de ouro para Marcos Paleo Otero. 

Desde a organización lembran que a tapa de Kalpa Amodiño foi a gañadora do xurado profesional do Ribadeo Sabe. O xurado destacou a calidade das 12 elaboracións presentadas o pasado 13 de maio a concurso e recoñeceron tamén as elaboracións de La Solana, Marinero e Ramonita. 

A entrega de premios terá lugar este xoves, 4 de xuño, ás 19:30 horas na Casa do Concello.