A entrega de premios e obsequios do concurso de fotos “Cal é o lugar preferido de Xove?” será o 12 de xuño

O Concello de Xove comunica os premiados do concurso medio ambiental de fotografías Cal é o teu lugar preferido de Xove? E anuncia que a entrega de premios será o día 12 de xuño, venres.

Na categoría infantil a foto con máis me gusta é de David Burgos Peloche e titúlase O último cura de Santirso (Din que o último cura de Santirso seguía gardando un libro antigo entre as ruínas esperando que alguén lembrase a súa historia).

Na categoría junior a foto con máis me gusta é de Marcos Mariño Ferrería, leva por título Cascada e é dunha cascada cerca do cemiterio da Rigueira.

E na categoría adultos a foto con máis me gusta é de Begoña Amor Ruiz e titúlase Conduciendo hacia la noche (atardecer en Esteiro, siempre transmite tranquilidad).

A entrega de obsequios a tod@s os participantes e dos premios de 60 euros a cada gañador realizarase o vindeiro venres 12 de xuño ás 20:30 horas no salón de plenos do Concello de Xove.