
A Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia deu a coñecer este mércores o cartel anunciador da XXXIX Feira do Bonito de Burela, evento que terá lugar os días 2 e 3 de agosto, sábado e domingo, no porto burelés.
Ademais a presidenta de Ledicia, Rocío Rivera Seara, anuncia que o luns 28 de xullo levarase a cabo a presentación oficial do programa da feira ás 13:00 horas no salón de plenos do Concello de Burela.
A Feira do Bonito de Burela é Festa de Interés Turístico Nacional desde o ano 2019.