O 6 de agosto na Feira do Bonito de Burela, ademais de marmitako, serviranse 350 racións dunha tosta golosa, elaborada con ventresca e pemento de piquillo.

A Sociedade Cultural Ledicia, ultima a celebración da XXXVII Feira do Bonito para a vindeira fin de semana, 5  e 6 de agosto.

O programa da Feira dábase a coñecer a pasada semana case na sua totalidade, reservando unha novidade para esta recta final da espera que agardamos sorprenda a amig@s e visitantes: o vindeiro domingo dia 6, ademáis da xa consolidada degustación de marmitako, as persoas que se acheguen á festa poderan degustar unha tosta golosa, consistente nunha base de pan de bola do pais, ventresca de bonito asada e pemento de piquillo de elaboración artesana.

Un exquisito bocado do que se prepararán 350 racións ao prezo de 5 euros.
Desexando que as persoas que se acheguen a Burela esta semana disfruten con nós de todo o organizado, agradecer unha vez máis a colaboración do voluntariado, das entidades públicas e privadas, e dos  medios de comunicación.

"Os pequenos grans de area cando se xuntan fan grandes praias"