En Xudán (A Pontenova) haberá magosto este sábado, 14 de novembro

Na escola da parroquia de Xudán, do municipio de A Pontenova, celebrarase un magosto este sábado, día 14 de novembro, desde as 21:30 horas.

Está organizado pola Asociación de Veciños de Xudán, que anuncia que haberá “bingo e moitos regalos; castañas, música, baile e moito máis”.

Para participar hai que apuntarse previamente, o aforo é limitado e o prazo remata este mércores, 11 de novembro.