A Pontenova

15/04/2025

Navallo de Vilarmide, no concello da Pontenova, celebrará a festa na honra a San Benito este sábado, día 19 de abril.

A partir das 13:30 horas haberá misa, procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Ángel América, que tamén actuará na verbena, desde as 23:00 horas.

O recinto da festa estará cuberto.

Etiquetas:
14/04/2025

A asociación Mulleres e Homes do Rural organiza na Pontenova unha procesión e unha cea o Xoves Santo, 17 de abril.

Ese día haberá misa ás 19:00 horas e procesión ás 19:30, acompañada pola Banda de Cornetas e Tambores da Asociación de Mulleres e Homes do Rural.

E a partir das 22:00 horas terá lugar no Local das Asociacións unha cea. Para participar hai que recoller previamente os tickets en Asesoría Esther ou na Cafetería do Tanatorio, ata este martes, 15 de abril.

08/04/2025

A Escola Municipal de Música da Pontenova ofrece unha audición concerto este venres, día 11 de abril. Será no auditorio da Casa da Cultura ás 20:30 horas.

É unha actividade organizada polo Concello da Pontenova.

Etiquetas:
05/04/2025

A novena edición da Ruta Ecuestre da Pontenova, organizada pola asociación Equus Norte, celebrarase o día 12 de abril, sábado.

As actividades comezarán ás 10:00 horas cun café no Lar de Balbina e ás 10:30 horas sairá a ruta dende a área recreativa do Pozo da Ola. Ao rematar haberá unha comida con música a cargo de DJ Bombardero

Para participar poden facerse as inscricións a través dos teléfonos 662.062.625 (Pepín) ou 633.913.203 (Noelia)

A organización explica que “aqueles que queiran asistir só á comida poderán adquirir os tickets no Hotel Restaurante San Briz. Os participantes na ruta ecuestre deberán inscribirse antes do día 10 de abril para obter o ticket da comida”.

04/04/2025

Saldoira, no concello da Pontenova, acollerá unha charla da Garda Civil sobre estafas a través das novas tecnoloxías (sms, whatsapp, email,…). Será o día 12 de abril, sábado, ás 17:00 horas.

Está organizada pola asociación veciñal San Pedro da Ribeira coa colaboración da Garda Civil.

Etiquetas:
25/03/2025

A cuarta edición do Trail As Minas celebrarase na Pontenova este domingo, día 30 de marzo, desde as 10:30 horas. A saída e a meta estará na Praza dos Fornos.

Este evento deportivo está organizado pola Asociación Cultural e Deportiva As Minas, da Pontenova, que anuncia que haberá: carreira, andaina, música, pinchos e sorteos.

Os deportistas que participen no trail percorrerán unha distancia aproximada de 18 quilómetros e a andaina será duns 5 quilómetros. Irán por camiños de terra e pistas, que estarán pechados a todos os vehículos excepto os autorizados pola organización. A saída das carreiras será ás 10:30 horas e andaina empezará ás 10:45 horas.

A inscrición faise a través da páxina web https://ccnorte.com/. O prazo remata este xoves, 27 de marzo, as...

leer más
12/03/2025

Saldoira, no concello da Pontenova, acollerá unha charla da Garda Civil sobre seguridade para persoas maiores este sábado, día 15 de marzo. Será ás 17:00 horas no Centro Social Blanca Muruais. A entrada é gratuíta con aforo limitado.

Está organizada pola asociación veciñal San Pedro da Ribeira e a súa presidenta, Alba Fernández Lodeiro, explica que é “unha charla para previr estafas, timos, roubos... á xente maior”.

10/03/2025

A Pontenova acollerá a sétima edición da Ruta da Troita para vehículos todoterreo esta fin de semana desde o venres día 14 ata o domingo 16 de marzo. Este evento está organizada por Team Fozamontes.

As actividades comezarán o venres con degustación de pinchos e presentación da ruta. O sábado terá lugar a ruta para coches, motos e quads, con churrascada ao mediodía e cea con festa amenizada por Hermo Truck. E o domingo haberá trial de obstáculos e circuíto de velocidade.

Etiquetas:
24/02/2025

Sanxés, no concello da Pontenova, celebrará as súas festas na honra ó Santo Anxo esta fin de semana, desde o venres 28 de febreiro ata o domingo 2 de marzo.

As actividades comezarán o venres pola noite coa inauguración do campo da festa. Haberá música tradicional e pinchos de balde, pero haberá que abonar a bebida.

O sábado ás 12:00 horas celebrarase misa solemne e despois haberá precesión e vermú co trío Mar de Caión, que tamén actuará na verbena xunto á cantante Verónica Cambón.

E o domingo a partir das 13:30 horas haberá sesión vermú con Dj Bombardero.

21/02/2025

A Pontenova terá actividades para celebrar o Entroido os días 1 e 2 de marzo, sábado e domingo.

O sábado 1 haberá unha ruta de tapas de Entroido polos establecementos hostaleiros participantes, que son: O Lar de Balbina, Rony Bar, Sidrería A Mina, Cafetería Casa da Cultura e Bar Puente. Está organizada polo Concello da Pontenova, que explica: “cada participante na ruta deberá ir disfrazado e selar a súa tarxeta en cada un dos bares sinalados. Entre tódalas persoas disfrazadas que presenten a tarxeta selada completamente sortearanse unha serie de vales regalo. O sorteo realizarase no Rony Bar ese mesmo día ás 1:00 horas da madrugada. Os vales regalo poderanse canxear ata o 30 de xuño de 2025”.

E o domingo 2 celebrarase o Carnaval infantil, desde as 17:00 horas no Pavillón Municipal Tito Margaride. Haberá xogos,...

leer más