A Pontenova terá procesión de Semana Santa este xoves, 2 de abril

Os actos principais da Semana Santa da Pontenova será este xoves, día 2 de abril, xornada na que haberá misa ás 18:30 horas e procesión ás 19:30.

No desfile participarán as confrarías do Cristo da Agonía e da Esperanza e a Banda de Cornetas e Tambores da Asociación de Mulleres e Homes do Rural, colectivo que organiza os actos coa colaboración do Concello de A Pontenova.