A Pontenova

31/10/2024

O centro social Blanca Muruais, de Saldoira, na Pontenova, acollerá un curso de primeiros auxilios o día 15 de novembro, venres, de 16 a 21 horas.

A presidenta da asociación San Pedro da Ribeira de Saldoira, Alba Fernández Lodeiro, anuncia que participar neste curso as persoas interesadas poden inscribirse “falando con calquera membro da directiva, a través das redes sociais da asociación ou do teléfono 619.67.96.67”.

28/10/2024

A biblioteca municipal Os Fornos, da Pontenova, pon en marcha un club de lectura para persoas adultas este xoves, día 31 de outubro.

Esta actividade, que se desenvolverá na Casa da Cultura da Pontenova, comezará ás 20:00 horas.

18/10/2024

O libro titulado “Entre nós e o Eo”, escrito por Beatriz Pin e Antón Cando, será presentado na Casa da Cultura da Pontenova este domingo, día 20 de outubro ás 12:30 horas.

Neste acto actuará a Banda de Música da Pontenova.

17/10/2024

O club de billarda Troitas Bravas, da Pontenova, organiza a décimo terceira edición do Aberto do Ferro este domingo, día 20 de outubro, desde as 11 da mañá no Campo da Mina.

“Lembrade que este vindeiro domingo día 20 , volta a Liga Nacional de Billarda á Pontenova. Agardámosvos no Campo da Mina para disputar o XIII Aberto do Ferro . Se queredes formar parte desta tolemia indíxena non faltedes á cita. Se queredes participar tedes que estar alí antes das 11:00 horas. Atrévete a probar!”, anuncia o club Troitas Bravas.

 

13/10/2024

A Asociación de Veciños San Pedro de Saldoira, no concello da Pontenova, anuncia a celebración dun curso de prevención de accidentes domésticos. Será o venres 25 de outubro de 17 a 19 horas no centro social Blanca Muruais, en Saldoira.

Para inscribirse pódese contactar coa Asociación de Veciños San Pedro de Saldoira a través do seu facebook, con calquera membro da directiva ou a través do teléfono 619.67.96.67.

11/10/2024

La Asociación de Pensionistas y Jubilados UDP Val de Miranda, de A Pontenova, organiza una excursión a Fonsagrada y a Grandas de Salime (Asturias) para el sábado día 19 de octubre de 2024.

La salida será desde la plaza de Os Fornos de A Pontenova a las 8:30 de la mañana y el regreso está previsto para última hora de la tarde del mismo día.

El precio por persona es de 40 euros e incluye las entradas a los museos de A Fonsagrada y de Grandas de Salime, comida y autobús. Las plazas son limitadas y el último día para anotarse es el martes 15 de octubre de 2024.

Etiquetas:
10/10/2024

A Asociación de Veciños San Pedro da Ribeira de Saldoira, no concello da Pontenova, anuncia que “o proxecto Ninfas, da Asociación de Empresarias da Provincia de Lugo en colaboración coa Deputación de Lugo, chega a Saldoira o venres 18 de outubro. Teremos baile dende ás 20:00 ata ás 22:00 horas”.

09/10/2024

A décimo sétima edición da Feira de Antigüidades e Artesanía de A Pontenova celebrarase desde o venres 6 ata o domingo 8 de decembro. Estará aberta ao público o venres e o sábado 11 a 14 horas e de 16 a 21 horas, pero o domingo pechará ás 20:00.

De maneira paralela a este evento tamén se celebrará na Pontenova a oitava Xuntanza de Vespas, Motos e Coches Clásicos.

03/10/2024

O Concello da Pontenova organiza diversas actividades infantís este domingo, 6 de outubro, de 17:00 a 21:00 horas na Praza do Concello.

Haberá inchables para nenos e nenas maiores de 4 anos, tattoos con purpurina e pintacaras.

25/09/2024

Villaemil, na Pontenova, celebrará as festas na honra de San Miguel do venres 27 ao domingo 29 de setembro.

As actividades comezarán o venres ás 21:30 horas con degustación de polbo e xamón cocido. E haberá verbena amenizada polos dúos Zafiro e Tropical.

O sábado 28 ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e seguidamente sesión vermú amenizada polo grupo Lecer e Javi Show, que tamén actuarán na verbena.

E o domingo haberá sesión vermú prolongada coa actuación de Javi Show.