Saldoira, en A Pontenova, acolle este venres, 31 de outubro, unha charla sobre as enfermidades transmitidas por carrachas

Dentro do programa Lambiscadas Científicas, o centro social Blanca Muruais, de Saldoira (A Pontenova), acollerá unha charla titulada Enfermidades transmitidas por carrachas: coñecelas para poder previlas. Será este venres, día 31 de outubro 20:00 horas.

É unha actividade organizada pola Asociación de Veciños San Pedro da Ribeira.