A Pontenova

01/01/2026

A Cabalgata de Reis da Pontenova será o día 5 de xaneiro, luns, e sairá desde a praza dos Fornos ás 17:30 horas. Despois de facer un percorrido pola localidade está previsto que chegue ás 19:00 horas ao salón de actos da Casa da Cultura.

Está organizada polo Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) coa colaboración do Concello da Pontenova.

23/12/2025

Este sábado, día 27 de decembro, ás 17:30 horas dentro do programa Circuíto de Teatro Profesional, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e a través da asociación Eco das Minas (A Chocolateira), da Pontenova (A Chocolateira) chega á Casa da Cultura este espectáculo -de teatro, música e danza- para toda a familia.

“Bailaremos, cantaremos e sobre todo divertirémonos moito da man de María Balteira, a bailadora primeira”, anuncia a asociación Eco das Minas.

María Balteira, a bailadora primeira é un espectáculo de teatro, música e danza con esta sinopse: “Montse Rivera e Xabier Iglesias achegan o baile tradicional ás crianzas e ás súas familias cunha obra de teatro, música e danza ambientada no Medievo. O Rei Sabio vive no Bosque das Artes, onde cultiva a música, a poesía e o teatro, pero algo non...

leer más
19/12/2025

O grupo Rebuldeira Teatro, de Sarria, presentará na Casa da Cultura da Pontenova a obra titulada @s vell@s non deben namorarse. Será este sábado, día 20 de decembro, ás 17:30 horas.

É unha actividade organizada pola asociación Lume Escénico, coa colaboración da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
17/12/2025

A Escola Municipal de Música de A Pontenova ofrecerá un concerto de Nadal este venres, día 19 de decembro. Será no auditorio da Casa da Cultura ás 20:00 horas.

Está organizado polo Concello de A Pontenova, que anuncia: “A Escola Municipal de Música de A Pontenova convídavos a desfrutar do seu tradicional Concerto de Nadal, unha cita chea de música, ilusión e ambiente festivo. Ven compartir connosco esta velada especial e dámoslle a benvida ao Nadal coa mellor música!”.

Etiquetas:
16/12/2025

A sexta edición do Consello Alimentario do Eo terá lugar na Casa da Cultura da Pontenova este xoves, día 18 de decembro, de 09:30 a 14:00 horas.

O programa inclúe as seguintes actividades: benvida e introdución, A voz das consumidoras, lanzamento da fase actual do TestEo, presentación do Selo do Eo Alimenta e pleno do Consello.

11/12/2025

Este mércores, 10 de decembro, presentouse oficialmente o Festival das Minas, de A Pontenova, que se celebrará este sábado, día 13 de decembro. O acto contou coa presenza do alcalde, Darío Campos, e de Noé Rodríguez, en representación da Asociación Cultural Deportiva As Minas, entidade organizadora do evento.

Desde a organización agradeceron o apoio recibido do Concello da Pontenova, Xunta de Galicia e Deputación de Lugo. Ademais de numerosas empresas e particulares que colaboran para facer posible unha nova edición deste festival “tan querido. Unha cita que xa é un referente cultural no noso concello”, anuncia o Concello de A Pontenova.

As actividades comezarán  ás 12:00 horas coa actividade infantil Saaabor! ; ás 14 horas haberá unha sesión vermú; ás 20:00 horas empezará unha degustación gratuíta de...

leer más
09/12/2025

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta do Muiñeiro Namorado, no municipio da Pontenova para este sábado, día 13 de decembro. A distancia a percorrer son 9 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante O Lar de Balbina.

A saída será ás 09:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 10 de decembro. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.

03/12/2025

A Pontenova celebrará a décimo oitava edición da Feira de Antigüidades e Artesanía desde o venres 5 ata o domingo 7 de decembro.

O Concello da Pontenova anuncia que haberá varias actividades paralelas: “IX Xuntanza de Vespas, motos e coches clásicos; demostracións de forxa de ferro, pintura, cestería de mimbre, coiro, torno de madeira, xoias e lámpadas de cabaza; e a exposición fotográfica O Legado das Minas”.

Etiquetas:
03/12/2025

A Asociación de Veciños A Magdalena, de Xudán (A Pontenova), organiza unha excursión a Allariz para o día 13 de decembro, sábado.

“Vive un día especial descubrindo a maxia de Allariz no Nadal! Paseos, comida, compras, ambiente festivo e boa compañía”, anuncia a asociación veciñal de Xudán.

As prazas son limitadas.

Etiquetas:
01/12/2025

A sexta edición do Consello Alimentario da Biorrexión do Eo celebrarase o xoves 18 de decembro de 9:30 a 14:00 horas na Casa da Cultura da Pontenova.

Para participar hai que confirmar a asistencia antes do 10 de decembro a través do correo electrónico coordinacion@eoalimenta.org ou chamando ao teléfono 628.84.28.35.