A Pontenova
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Rural, ofrece o soporte técnico e financiamento necesario para a posta en marcha da Rapa das Bestas de Neipín. Equus Norte organiza esta actividade que nace o 20 de xullo na Pontenova co obxectivo de promover a actividade gandeira na Mariña e na provincia de Lugo.
O deputado de Rural Daniel García presentou a cita xunto a Javier Veiga, presidente da entidade organizadora; Isabel Couto, tenente de alcalde; e o concelleiro Xorxe Gómez. A I Rapa da Pontenova súmase á axenda da comarca na que se inclúen eventos históricos como Candaoso, en Viveiro, ou Campo do Oso, en Mondoñedo, explica a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Daniel García explicou o apoio de 18.000 euros dende a área de Rural “para a posta en marcha desta cita, á que desexamos unha longa...
leer másO Concello da Pontenova organiza cursos de aquagym na piscina municipal do 15 de xullo ao 16 de agosto. Serán os martes e venres de 12:30 a 13:10 horas.
Esta actividade é para persoas a partir de 18 anos de idade e as prazas son limitadas. O prezo é de 50 euros por toda a tempada ou 15 euros cada semana. O prazo de inscrición remata o 15 de xullo.
As persoas interesadas poden obter máis información no bar da piscina ou a través do teléfono 606.25.71.69.
Presentada a XI Subida da Pontenova, que se celebrará a vindeira fin de semana – 6 e 7 de xullo- organizada pola Escudería A Pontenova, co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que achega 7.000 euros á organización da proba, e a colaboración do Concello e da Xunta de Galiza.
O rally, que puntúa para o Campionato Galego de Montaña, mantén o trazado habitual, quilómetros pola estrada LU-P-4803, que sae desde a zona do Camiño da Feira da Pontenova cara a Augaxosa (Riotorto).
O trazado pasa polas parroquias de Vilameá, Rececende e Santo Estevo, con puntos especialmente atractivos para as afeccionadas e afeccionados como o paso polas curvas das Cruces e da Picota e por Vilar das Pedras. A organización ofrece servizo de transporte gratuíto para facilitar o desprazamento polo percorrido e tamén...
leer másO Concello de A Pontenova organiza cursos de natación, de infantil (desde os 4 anos) e adultos, desde o 15 de xullo ata o 9 de agosto, os luns e xoves, na piscina municipal.
O prezo é de 45 euros por toda a tempada ou 15 euros por semana. As prazas son limitadas e o prazo para anotarse remata o 11 de xullo.
As persoas interesadas poden obter máis información no bar da piscina ou a través do teléfono 686.66.52.77.
O Concello da Pontenova organiza un campamento de verán para nenas e nenos de 3 a 14 anos. Será do 15 de xullo ó 16 de agosto (de luns a venres) de 10:00 a 14:00 horas.
As prazas son limitadas e a inscrición debe facerse na Casa do Concello ou a través do teléfono 982.34.22.77. O prazo estará aberto ata o 10 de xullo.
A localidade de Saldoira, na Pontenova, celebrará as festas de San Pedro da Ribeira esta fin de semana, concretamente o venres 28 e o sábado 29 de xuño.
As actividades empezarán o venres ás 22:00 horas cunha churrascada e despois haberá verbena co grupo Lume.
E o sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne cantada por Monse Fernández e procesión. A continuación haberá sesión vermú amenizada por Colimbo, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Galilea.
O Centro de Iniciativas Turísticas (CIT)e o Concello da Pontenova organizan a fogueira de San Xoán para este domingo, 23 de xuño, no Forno de Boulloso. O evento inclúe un concurso de tortillas.
As actividades empezarán ás 20:00 horas coa presentación das tortillas para o concurso e a elección das dúas mellores por parte dun xurado popular. E a partir das 21:00 horas degustaranse as tortillas, ademais de chourizos á grella, torrezos e pan.
Ademais actuará a Asociación Musical A Chocolateira.
A Escola Municipal de Teatro da Pontenova presentará na Casa da Cultura da localidade a obra titulada “Pontenova Fassion Wii” o sábado 22 de xaneiro ás 21:00 horas.
Trátase dunha comedia para todos os públicos escrita por Guillermo Cancelo e a sinopse é: “A deseñadora Carme Fouzas, natural da Pontenova, recibe o Premio Nacional de Deseño de Moda, ocasión que aproveita a alcaldesa dese Concello para organizar un desfile e, dese xeito, desviar a opinión pública local da maraña de corrupción urbanística na que se atopa. O traballo da deseñadora chama a atención do mesmísimo Benancio Hortera, o cal fará todo o que faga falta para que eses deseños formen parte da súa nova colección”.
Acebro, no concello da Pontenova, celebrará as súas festas na honra a San Antonio esta fin de semana, os días 7 e 8 de xuño.
As actividades empezarán o venres 7 ás 22:00 horas cunha churrascada popular, na que para participar hai que retirar os tickets no hotel San Briz ata este martes, 4 de xuño. Despois haberá verbena amenizada polo dúo Epo-k.
E o sábado 8 celebrarase misa solemne ás 13:30 horas e despois sesión vermú amenizada polo dúo La Hora Bruja e o cantante Antonio Barros, que tamén actuarán na verbena.
O campo da festa estará cuberto con carpa.
A Escola Municipal de Música da Pontenova abre o prazo de matrícula para o curso 2024-2025 desde o luns 3 ata o venres 14 de xuño.
As persoas interesadas en obter máis información poden contactar a través do teléfono 650.34.81.23.