A asociación A Magdalena, de Xudán, organiza unha xornada de sendeirismo pola Ruta das Minas, na Pontenova, o 4 de abril

A Asociación A Magdalena, da parroquia de Xudán (A Pontenova) organiza unha xornada de sendeirismo pola Ruta das Minas, “para gozar da natureza e da historia mineira”. Será o sábado 4 de abril con saída desde a Praza dos Fornos as 10:30 horas para facer un percorrido de 5 quilómetros e unha comida campestre no Forno do Boulloso.

O prezo desta actividade é de 10 euros, as prazas son limitadas e os tickets para participar poden recollerse en Librería Eugenia ata este venres, 20 de marzo.