
Este domingo, día 16 de novembro, a Praza dos Fornos, na Pontenova, acollerá un magosto con ruta de sendeirismo. A actividade está organizada polo Concello e o Centro de Iniciativas Turísticas (CIT).
As actividades comezarán ás 10:00 horas coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos, ás 10:15 sairán os autobuses cara ao punto de comezo da ruta e para as 14:00 horas está prevista a chegada á Praza dos Fornos, onde se fará o xantar con empanada e castañas asadas
Para participar hai que apuntarse previamente. O prezo é de 7 euros por persoa (inclúe transporte, seguro e xantar). A data límite de inscrición é o xoves 13 de novembro.
“Ven desfrutar dunha xornada de outono chea de sabor, natureza e boa compañía!”, din os organizadores do evento.


