Riotorto
O Concello de Riotorto organiza un baile de fin de ano para despedir este 2021.
A velada, que estará amenizada polo Dúo Sensación, dará comezo á unha da madrugada, a entrada será de balde e haberá servizo de bar. Ás 5:30 horas servirase un chocolate gratis para todos os asistentes.
A festa terá lugar no centro sociocultural e colaboran na súa organización as asociacións veciñais e culturais do municipio.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no teléfono 982 346 222 ou na web www.concelloderiotorto.gal.
O domingo 5 de setembro celebrarase a ruta ciclista Desafío do Ferro, que se desenvolverá nos municipios de A Pontenova e Riotorto en dúas distancias. Este evento deportivo, que sairá da Praza das Rodrigas, en Riotorto, ás 10:00 horas, é para bicicletas BTT e E-BIKE.
As inscricións fanse a través da web championchipnorte.com.
A ruta ciclista Desafío do Ferro esta organizada polo club Pretorianos e patrocinada polos concellos de Riotorto e A Pontenova.
O Concello de Riotorto organiza o Campamento de Verán 2021, dirixido a nenos e nenas de 3 a 14 anos. Vaise desenvolver do 2 ao 7 de agosto.
As persoas interesadas poden inscribirse na Casa do Concello, no número de teléfono 982 346 222, ata o 30 de xullo. O número de prazas é limitado a 30 participantes. O prezo é 30 euros para os empadroados no concello e 50 para os non empadroados.
A actividade terá lugar dos días 2 ao 7 de agosto (ambos incluídos), en horario de 10:00 a 14:00.
No campamento, adaptado á normativa actual fronte ao covid 19, desenvolveranse obradoiros, excursións, xincanas, multideporte, busca do tesouro e outras sorpresas.
Convocado polos Concellos de Meira e Riotorto coa colaboración da Asociación Cultural “Avelino Díaz".
O Certame foi adiado sucesivamente á espera de que a situación sanitaria se normalizase, establecéndose o remate do prazo definitivo de presentación de orixinais para o 22 de maio de 2021.
Establécense 4 categorías: de 3 a 8 anos; de 9 a 12 anos; de 13 a 17 anos; e de 18 en diante. Os premios serán figuras conmemorativas, diplomas e material escolar para as tres primeiras categorías e no caso da de adultos haberá tamén premios en metálico.
O fallo do xurado darase a coñecer a primeira semana de xuño
Máis información en www.poetaavelinodiaz.gal
A Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto xunto co Concello de Riotorto organiza dende o ano 2007 a Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, e este ano que seria a XIV edición que se celebraría o próximo 19 de abril do 2020, queda suspendida.
Desde a organizan sinalan que "nesta situación excepcional e desde o respecto, desde a nosa responsabilidade social e o bo sentido imperante, esperamos contribuír á recuperación da normalidade, tratando de protexer do mellor xeito posible a seguridade e saúde de todos os visitantes, artesans e resto de expositores. Por iso, despois das medidas anunciadas polo Goberno do Estado debido á pandemia de Coronavirus COVID-19, tomamos as medidas oportunas".
En Augaxosa, a fermosa parroquia de Riotorto, a medio camiño entre Lourenzá, Riotorto e A Pontenova o vindeiro sábado, 14 de marzo, ás 21,00 horas, o Grupo Teatral O Centiño, de San Martiño, recuperará de novo a figura de Eduardo Pasmarote, o indescritible presentador de televisión que se converte en superheroe despois de inxerir inxentes cantidades de guindilla. De novo poderemos ver os programas "Al loro", "Repolos e centolos", o "Noticiario"... e tamén as complicadas relacións de Romualdo, Jacky e Pinky, Betti Gutiérrez, Manuela Tormentas e Ana Rosa, sobre todo cando teñen que enfrontarse aos dous miserables ladróns, tan inofensivos como torpes, Triquiñuela e Carajillo.
Dende Augaxosa, descendendo en grandes riadas dende a montaña, baixarán as risas e a alegría do Centiño, convertidas en teatro.
A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, e o presidente de Nova Escola Galega (NEG), Xosé Lastra, presentaron esta mañá as III Xornadas da Terra de Miranda, un encontro de debate sobre o medio rural organizado pola asociación pedagóxica coa colaboración da Área de Cultura que se celebrará os vindeiros 25 e 26 de outubro no Centro Sociocultural Avelino Díaz de Riotorto.
O programa inclúe relatorios e mesas redondas a cargo de diferentes persoas e colectivos do eido educativo, económico e social da Terra de Miranda -Riotorto, A Pontenova, Meira e Trabada- que exporán as súas experiencias e iniciativas en relación co desenvolvemento rural.
No cartel da xornada, destacan as conferencias de Narciso de Gabriel, catedrático de Historia da Educación na Universidade da Coruña e autor de investigacións sobre a...
leer másO grupo Trípode estrea O Muro este sábado, 19 de outubro, en Riotorto. Será ás dez da noite no centro sociocultural.
A obra fala dos muros que pechan fronteiras e camiños, que impiden a liberdade e a felicidade, en ton de comedia para atraer a atención da xente e conseguir a súa reflexión sobre a xustiza, as desigualdades, a fame, a pobreza, o egoísmo e o cinismo dos países ricos.
Os intérpretes son: Antonio Jesús Lorenzo “Cachín”, Alberto Níñez, Pepe Peinó (os tres componentes habituais de Trípode), Salomé Vázquez, Santiago Quirós, Matías Nicieza, Marga Fernández, Pilar Díaz, Mónica Díaz, Leni Níñez, Sergio Rego, Moncho e Rocío Sixto.
O Muro estrearase en Alaxe, no Valadouro, o 23 de novembro.
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González, e o Presidente da Asociación de Ferreiros, José Manuel Cobo, xunto a outras autoridades, presentaron, a XIII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que se celebrará o vindeiro domingo, 14 de abril e reunirá a ferreiros chegados de toda a provincia, así como de Galiciae Navarra, entre outros. A presentación tivo lugar na Forxa de Lourín e, durante o acto, realizouse unha demostración en vivo de artesanía do ferro.
Campos Conde destacou que “dende o Goberno da Deputación, mantemos un firme compromiso con esta cita coa que colaboramos, realizando unha achega económica de 11.000 euros. A Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, é un evento xa asentado na nosa provincia, pois esta é décimo terceira edición, que cada ano atrae a milleiros de...
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González,e o Presidente da Asociación de Ferreiros,José Manuel Cobo,xunto a outras autoridades,presentaron este luns a XII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que se celebrará o vindeiro domingo, 15 de abril. A presentación tivo lugar na Forxa de Manolo de Viñabella e, durante o acto, tivo lugar unha demostración en vivo de artesanía do ferro.
Campos Conde subliñou“o compromiso do Executivo Provincial con esta cita, coa que mantemos unha estreita colaboración nos últimos anos, posto que se ten convertido nunha referencia na nosa provincia. Deste xeito, achegamos 11.000 euros para a celebración desta décimo segunda edición da feira, que logra atraer a milleiros de persoas ao municipio, dinamizando a economía local e do conxunto da Mariña Lucense,...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- siguiente ›
- última »