Riotorto
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde,e o Presidente da Asociación de Ferreiros de Riotorto, José María Cabo Jardón, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal o organismo provincial achega outros 10.500 euros á promoción do traballo destes profesionais como “sinal único de identidade cultural e atractivo turístico da nosa provincia, especialmente, da Mariña Oriental, capaz de dinamizar a económica e xerar riqueza”. Así o destacou Campos Conde tras a sinatura deste convenio, que tivo lugar na Forxa de Viñabella, en Espasande de Abaixo, nun acto no que participaron máis ferreiros deste colectivo como Manuel Alonso Fojaca, Agustín Iglesias Rodríguez e Ángel Villada Moirón.
Con este fondos, os Ferreiros de Riotorto disporán de paneis informativos e explicativos da historia do seu oficio tradicional ou da elaboración dos...
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González, o Delegado da Xunta en Lugo,Jose Manuel Balseiro, e o Presidente da Asociación de Ferreiros de Riotorto, José María Cabo Jardón, presentaron a “XI Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto”, que se celebrará o 16 de abril. Fixérono na Forxa de Jomaca de Espasande de Abaixo, cunha demostración en vivo da elaboración dun fouciño artesán a cargo do ferreiro JoseMaría Cabo.
Campos Conde avanzou que o Goberno da Deputación pon a disposición do Concello de Riotorto 20.000 euros para a Feira do Ferro. Trátase da mesma cantidade que xa achegou o ano pasado, convertendo a Deputación ese ano na institución pública que máis invistiu nesta cita. A cantidade que facilita para este ano forma parte dos 224.132 euros que o Executivo Provincial leva ao...
leer más