Riotorto
O Concello de Riotorto anuncia que acollerá un curso de sexualidade na adolescencia, que está dirixido fundamentalmente a familias e coidadores. Será impartido por Noelia Goás Gómez no Centro Sociocultural Avelino Díaz o día 23 de outubro, mércores, de 16:00 a 20:00 horas.
A inscrición, que é gratuíta, realizarase na Casa do Concello de Riotorto e no número de teléfono 982.34.62.22.
O Concello de Riotorto organiza unha excursión a Ávila e Toledo para os días 9 e 10 de novembro, sábado e domingo.
O sábado sairán desde a gasolineira e almorzarán en Vega de Valcarcel, farán unha visita guiada a Ávila e comerán nun restaurante desa cidade, par as 19:30 horas está prevista a chegada ao hotel, de 4 estrelas en Toledo, onde cearán ás 21:00 horas.
E o domingo almorzarán no hotel, a continuación terán unha visita guiada en Toledo, ás 14 horas comerán no hotel e ás 17:50 sairán cara a Riotorto e cearán ás 22 horas en Vega de Valcarcel.
O prezo é de 150 euros por persoa. Hai 50 praza e terán preferencia os usuarios dos centros veciñais.
Aquelas persoas que desexen acudir á viaxe deberán anotarse cos monitores dos centros veciñais ou no Concello de...
leer másFerrería, no concello de Riotorto, celebrará a festa na honra de San Antonio o día 21 de setembro, sábado.
As actividades comezarán ás 13:30 horas coa misa solemne, e despois haberá procesión e sesión vermú. Seguidamente celebrarase unha comida veciñal.
Os actos rematarán cunha festa verbena amenizada polo dúo Eclipse e DJ Bombardero.
O campo da festa estará cuberto con carpa.
A parroquia de Augaxosa, en Riotorto, celebra as súas feiras e festas na honra a San Roque os vindeiros días 13, 14 e 15 deste mes de setembro.
O venres 13 a partir das 21:30 horas haberá unha gran pulpada, tamén con churrasco, xamón cocido, postre e café. De seguido celebrarase a verbena amenizada pola orquestra Principal e DJ Billy.
O sábado 14 ás 9:30 horas terá lugar a inauguración da Feira de Gando con premios para os gandeiros. Haberá pasarrúas polo pobo con Gaiteiros de Augaxosa e ás 13:30 horas misa seguida de procesión e sesión vermú con Fuxsion Latina que tamén estará na verbena.
O domingo 15 ás 13:30 horas celebrarase a misa con procesión e despois sesión vermú co Dúo Venus. O campo estará cuberto con carpa.
O Concello de Riotorto colabora na...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta dos Regos e das Fontes, no concello de Riotorto, para o día 14 de setembro, sábado. A distancia a percorrer son 8 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante de Meira.
A saída será ás 10:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 11 de setembro, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 (Mahía) ou 658.09.71.33 (Miguel). O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son.
A localidade de Espasande de Abaixo, no concello de Riotorto, celebra as festas na honra de San Bartolo, esta fin de semana: desde o venres 23 ata o domingo 25 de agosto.
As actividades empezarán o venres cunha comida popular e a partir das 22:00 horas haberá verbena amenizada pola cantante Verónica Cambón.
O sábado a partir das 10:00 horas Gaiteiros de Riotorto ofrecerán un pasacalles. Ás 13:00 horas celebrarase misa e despois procesión e sesión vermú coa orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo La Hora Bruja.
E o domingo haberá misa ás 13:00 horas e despois procesión e sesión vermú, amenizada polo dúo Venús, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Principal.
A comisión organizadora das festas destaca que o campo estará cuberto con...
leer másO 7 de setembro de 2024 celebrarase a III Baixada de Carrilanas Concello de Riotorto, puntuable para o Campionato de España de Deportes de Inercia. O evento está organizado polo Concello de Riotorto e Carrilanas Os Meiregos.
A cita, que será puntuable para a Copa Galicia e Copa de España 2024, terá lugar no seguinte horario: as verificacións realizaranse de 11:00 a 12:30 horas e a carreira desputarase entre as 15:30 e as 19:00 horas.
Os corredores competirán por premios para os tres mellores de cada categoría, así como no Scratch xeral. Para facilitar a participación, habilitarase un pavillón con servizo de duchas e baños para acampada, dispoñible desde o venres ata o domingo. Os menores de idade deberán enviar previamente a “Autorización menores 2024” ao organizador da carreira a través do correo electrónico...
leer másTrátase dunha iniciativa deseñada para fomentar o consumo de produtos do mar galegos, impulsar a súa venda e poñer en valor o traballo que realizan os profesionais da pesca e do marisqueo na nosa comunidade.
Galicia Sabe a Mar estará na Praza de Santa María do Valadouro o vindeiro 15 de agosto entre as 16:00 e as 21:00 horas e o 18 de agosto diante da igrexa de Riotorto de 12 a 15 horas e na praza do Concello de 19:00 a 21:00 horas. As degustacións serán de balde e están dirixidas a todas as persoas que desexen coñecer máis sobre os produtos do mar galegos e o seu sabor.
Con esta iniciativa, a Xunta busca concienciar á poboación sobre a importancia de consumir produtos do mar locais, non só polo seu sabor e calidade, senón tamén polo impacto positivo que ten na economía e no mantemento do noso medio mariño.
... leer másO Concello de Riotorto organiza a Festa Celta, que se celebrará o 3 de agosto. Esta cita promete ser unha xornada chea de actividades e entretemento para todas as idades.
Ás 14:30 comezará o servizo de comida, cun delicioso menú que inclúe pulpo, churrasco, empanada e tarta de Riotorto, todo servido pola Pulpería Suso. Ao longo da tarde sucederanse diversas actividades de animación para amenizar a xornada. Ás 21:00 horas darán comezo as actuación musicais coa participación de BI Outeiro Gaiteiros-Tradigalu, Tanto Nos Ten e Gaiteiros de Riotorto. Por último, ás 00:30 horas gran queimada popular para todos os alí presentes.
A Festa Celta de Riotorto é unha ocasión ideal para gozar da gastronomía, a música e a cultura galega nun ambiente festivo e acolledor.
A parroquia de Muxueira, no concello de Riotorto, celebrará as festas do Carme esta fin de semana, concretamente o venres 12 e o sábado 13 de xullo.
As actividades empezarán o venres ás 21 horas cunha churrascada popular e as actuacións do grupo D´Cano e DJ Bombardero.
E o sábado ás 13:00 horas haberá misa seguida de sesión vermú co dúo Belinda.












