luces de Nadal
Este venres, día 5 de decembro, celebrarase o acendido das luces de Nadal en Burela, con actividades para toda a familia.
“Dende as 17:30 horas na Praza do Concello haberá pintacaras e globoflexia con música a cargo de Festicultores Troupe; ás 19:00 horas, gran chocolatada; ás 19:30 horas, acendido oficial do alumeado, amenizado pola Escola de Música de Burela; e ás 20:00 horas, concerto de Cova do Can Rock na Praza da Mariña”, anuncia o Concello de Burela.
O Concello de Viveiro inaugura este venres, día 5 de decembro, o tradicional belén xigante Viveiro ante o Berce. A programación dará comezo ás 18.30 horas co acendido das luces de Nadal na Praza Maior. A continuación, ás 19.00 horas, levarase a cabo a inauguración oficial do belén no adro de Santa María. Para completar a xornada, arredor das 19.30 horas, ofrecerase unha chocolatada na Praza Maior.
O belén Viveiro ante o Berce caracterízase polas súas figuras a tamaño natural, que recrean escenas bíblicas como o Nacemento de Xesús, a Anunciación aos Pastores, a Anunciación á Virxe, a visita dos Reis Magos, a Matanza dos Inocentes ou a sala do trono de Herodes. Cada escena conta cun atril no que repousa un libro do Novo Testamento, aberto no capítulo e versículo correspondentes co gallo de facilitar unha lectura...
leer másA parroquia de Órrea, no concello de Riotorto, celebrará un evento para o acendido das luces do Nadal este domingo, día 15 de decembro, ás 18:00 horas no local social A Travesa.
Está organizado pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, que anuncia: “o día 15 a xunta directiva da asociación convídavos ao acendido das luces de Nadal, ás seis da tarde no local social. Haberá unha pequena merenda para todos os asistentes e sortearase unha cesta de Nadal, que será premiada ao gañador dun bingo ou recheo (gratis)”.





