A asociación Carro Tarabelo, de A Pontenova, organiza unha visita á bodega Don Pedro Leivas, de Riotorto, para este domingo, 8 de novembro

A asociación Carro Tarabelo, de A Pontenova, organiza unha visita á bodega Don Pedro Leivas, de Riotorto, para este domingo, día 8 de novembro.

​“Acompáñanos a descubrir todo o proceso de elaboración da sidra, dende os maceiros ata o lagar por gravidade e a destilación en alambique. Unha experiencia para conectar coa terra e coñecer como se combinan tradición e modernidade”, explica a asociación Carro Tarabelo, que anuncia o programa da visita: ás 10:15 horas, Concentración na Praza dos Fornos (A Pontenova); ás 10:30, saída cara a Riotorto (Espasande de Arriba): e ás 11:00 horas, visita guiada e cata maridada con pinchos de produtos locais.

As prazas están limitadas a un máximo de 30, o prezo é de 15 euros e a data límite para inscribirse é este venres, 6 de novembro, enviando un WhatsApp ao 607.42.94.54 (Carlos). “Unha vez confirmada a dispoñibilidade de prazas, facilitaranse os datos bancarios para ingresar o prezo da inscrición”, indica a organización da actividade.