Grupo Breogán

11/06/2026

Grupo Breogán patrocina o Pasaporte de Acisa Ribadeo, a nova campaña para dinamizar o comercio e a hostalería locais, que deu comezo o pasado 8 maio e rematará este domingo, día 14, co sorteo ante notario dunha viaxe a Lanzarote para dúas persoas.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, agradeceu o patrocinio do Grupo Breogán, “empresa á que lle agradecemos o seu apoio”. E subliñou: “estamos moi contentos de seguir incorporando empresas da nosa vila e asentadas noutros concellos da contorna ás actividades e campañas que organizamos desde Acisa. Grazas á súa colaboración podemos ampliar a nosa oferta. Sentímonos arroupados polo empresariado e iso é moi importante para Acisa e para as firmas que están ao noso carón”.

Cruzado Iglesias engadiu: “o domingo vai ser unha xornada especial para a Asociación de Comerciantes...

leer más