Infantil
A Área de Cultura do Concello de Ribadeo programa para este domingo, 25 de abril, a actuación de Teatro dos Ghazafellos que presenta a obra As pitas baixo a choiva. A función terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo ás 17:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.
Conta a historia de Ludivina e Tereija que son dúas pitas que viven no curral da Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, o neno que ven ás veces xogar con elas, pero temen que choiva pois cando iso pasa Ricardiño tolea e perségueas ata pechalas no curral. Coa axuda do galo Chafarís e o raposo Rosende, tentarán que o neno deixe de tolear coa choiva e sega a xogar con elas.
Trátase dunha adaptación do conto de Ricardo Carvalho Calero As pitas baixo a choiva, baseado en historias de Xentes da Barreira, O Lar de Clara, O país de...
leer másA compañía Baobab representará a obra O lobo e a lúa este sábado, día 17 de abril, ás 18:30 horas na Sala Bahía, de Foz. É unha actividade incluída na programación cultural de primavera organizada polo Concello focense.
Esta representación de teatro infantil está dirixida a nenos e nenas a partir de 2 anos de idade e ten unha duración de 50 minutos. Logrou o premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques no ano 2014.
O prezo das entradas é de 2 euros para os nenos e nenas e de 3 euros para os adultos. Hai que reservalas chamando ao teléfono 982.14.00.27 extensión 3.
O Concello de Alfoz organiza actividades infantís na biblioteca municipal e unha representación de monicreques no salón de actos de Cultura o día 24 de abril para conmemorar o Día do Libro.
As actividades para nenas e nenos de 3 a 12 anos serán de 17:00 a 19:00 horas en grupos reducidos. Para participar hai que inscribirse no Concello previamente, do 19 ao 22 de abril. Para obter máis información os interesados poden chamar ao teléfono 982.558.001, extensión 2.
E tamén o sábado 24, pero no salón de actos de Cultura, ás 19:30 horas Trécola Teatro presenta a obra Xogo revolto, un espectáculo de monicreques dirixido a público familiar para celebrar o Día do Libro. A entrada é gratuíta e o aforo limitado.
A Biblioteca Pública Municipal de Barreiros xunto coa Biblioteca Provincial de Lugo e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, convocan o CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2021 na súa fase local.
O lema para o concurso deste ano no que se lle rende homenaxe a #XelaArias é: “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno.)”. Como resumo do artigo 31 podemos decir que: Os Estados Partes, recoñecen o dereito do neno/a ao descanso e ao esparexemento, ao xogo e ás actividades recreativas propias da súa idade, e a participar libremente na vida cultural, e nas artes.
As follas de inscrición poden recollerse na Biblioteca Municipal e nos colexios do concello.
As bases:
1.- Poden...
Este sábado, día 10 de abril, ás 18:30 horas volve o teatro para os/as máis pequenos/as á Sala Bahía, de Foz. Micromina trae o seu espectáculo Cousas de casa.
É unha actividade dirixida ao público infantil a partir de 3 anos e ten unha duración de 40 minutos. Trátase dun espectáculo de monicreques que realiza un percorrido por aqueles conceptos que nos permiten reflexionar acerca da igualdade entre mulleres e homes nos distintos ámbitos, con especial énfase na reincorporación profesional da muller despois de ser nai e a corresponsabilidade do home como pai nos coidados do novo membro da familia, bebé.
As prazas son limitadas e hai que reservar as entradas na Delegación de Cultura do Concello de Foz, chamando ao teléfono 982.140.027 Extensión 3. O prezo é de 1,5 euros para os nenos e de 2,5 euros para os adultos...
Teatro Avento presenta o sábado, 10 de abril, Ummm!! Unha comedia musical para chupar os dedos. A representación terá lugar no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, ás 18:00 horas.
A obra, dirixida a nenos de 3 a 8 anos, conta a historia da pasteleira dona Remedios que ten cada vez menos clientes porque a súa dependenta Ana non sabe facer boliños de crema. Para facer fronte a este problema, dona Remedios decide contratar un novo axudante capaz de afrontar novas ideas e facer os doces que a xente está a demandar nestes días. Pero, as veces, esas novas ideas da cociña moderna poden entrar en conflito co bo facer máis clásico de Ana.
Baixo a dirección de Xoan Abreu, o elenco está formado por Rocío Salgado e Martín Maez.
A venda de entradas é a través do teléfono 982 560 152 ou do correo electrónico...
O espectáculo musical infantil La Granja de los Niños representarase este sábado, día 3 de abril, na Sala Bahía, de Foz. Para que ninguén se quede sen poder asistir haberá dous pases desta actividade: un ás 12:00 e outra ás 18:30 horas.
O prezo das entradas é de 2 euros para os nenos e nenas e de 3 euros para os adultos. Para reservalas hai que chamar ao teléfono 653.68.22.25.
Esta actividade está incluída na programación de primavera organizada polo Concello de Foz co lema Sementando Cultura.
A compañía A Trastenda dos Contos presenta este sábado, 27 de febreiro, en Burela o espectáculo Unhas gafas como as do avó. Será ás 18:30 horas na Casa da Cultura. O prezo da entrada é de 2’5 euros.
O espectáculo, representado por Gema Santos e Felipe Díaz (Caxoto), presenta unha montaxe onde se conxugan a lingua de signos e a lingua oral, dirixido a persoas xordas e oíntes, e os dous códigos conviven como iguais. Conta a historia de Laura, unha nena moi inquieta que todo o tempo anda á procura de aventuras que vivir. No xardín da súa casa xoga ao seu xogo favorito, xogar cos ollos abertos. Desta maneira pode explorar mundos lonxanos inimaxinables construídos desde a súa atolada imaxinación. Un día sente curiosidade polas gafas do seu avó e de como se verá a través delas e o que comeza sendo unha pequena trasnada acabar por converterse na...
leer másA Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este domingo, 20 de decembro, unha actuación de Mamá Cabra que presentará A fraga do meu avó. Terá lugar no Auditorio Municipal ás 17:30 horas e o prezo da entrada é de 4 euros.
O espectáculo, dirixido ao público infantil e familiar, conta que a fraga do meu avó está chea de carballos que case tocan o ceo, castaños, bidueiros, loureiros, bieiteiros, abeleiras e moitas árbores que sempre deron moitísimo máis que madeira. Agochados entre eles andan paxaros como a pega marza, a estreliña do norte, o paporrubio real e a curuxa. E percorrendo os seus camiños están a píntega, os esquíos, o xabaril, o raposo…
A fraga do meu avó é o traballo máis recente de Mamá Cabra que nace do amor pola natureza e do compromiso pola terra que coidaron os nosos avós e as nosas avoas. Trátase dun espectáculo...