Infantil

Etiquetas:
16/01/2017
O 4 de marzo chegará a Viveiro "Pitusa Semifusa", un espectáculo participativo e teatral pensado para @s máis pequen@s.
 
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o concerto infantil que ofrecerá Pitusa Semifusa o día 4 de marzo ás 18:00 horas.
 
Con instrumentos de xoguete Xiana Lastra, caracterizada de Pitusa Semifusa, Olga Brañas como a súa avoa directora de orquestra, e Sergio Tannus como o seu irmán Xabier, van explicándolles aos cativos e cativas os aspectos dos instrumentos musicais e da familia á que pertencen cada un deles.
Pitusa Semifusa é un espectáculo participativo e teatral pensado para os máis pequenos, con algunha coreografía sinxela coa que pasen un bo rato achegándose á música.
 
Este concerto está organizado por Agadic e conta coa colaboración do Concello de Viveiro.
 
Etiquetas:
21/12/2016
O 3 de xaneiro terá lugar unha xornada de portas abertas e unha festa acuática infantil na piscina olímpica municipal de San Ciprián.
 
A piscina olímpica municipal de San Ciprián acollerá unha xornada de portas abertas e unha festa acuática infantil o día 3 de xaneiro de 2017, martes. Da organización encárgase o Concello de Cervo e foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, e o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto.
 
O edil de Deportes anunciou hoxe que “o Concello de Cervo, un ano máis e como complemento as distintas e variadas  actividades que durante estas datas se están a celebrar no noso municipio, realizará unha xornada de portas abertas na piscina olímpica de San Ciprián, con entrada gratuíta, para todos aqueles nenos e nenas que queiran gozar da festa acuática que terá lugar o vindeiro 3 de xaneiro entre as 17:00 e as 19:00 horas”.
 
Soto especificou que “...
leer más
Etiquetas:
28/11/2014
A obra musical A nena e o grilo nun barquiño, da compañía de teatro de Magín Blanco, chega este sábado a Burela. Representarase a partir das 17:30 horas na Casa da Cultura.

 

A Concellería de Cultura de Burela presenta este sábado, 29 de novembro, a obra A nena e o grilo nun barquiño, da compañía de teatro de Magín Blanco. O espectáculo está dirixido ao público infantil e familiar e consiste no relato da historia dunha viaxe mediante a interpretación de cancións que van desde o reggae, ao pop, ao rock ou á bossa nova. Comezará ás 17:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura da vila e a entrada será libre e gratuíta ata completar aforo. Dende a Concellería de Cultura de Burela informan que este acto consiste na representación dun espectáculo de arredor de 60 minutos, centrado na música en directo e no teatro para tódolos públicos. Nel intervirán Magín Blanco coma voz e guitarra, Jorge Juncal coma pianista e acordeonista, María Faltri ao baixo, Montse Piñón coma actriz encargada a dar vida á...

leer más
27/11/2014

 

O Concello de Lourenzá presentou hoxe as bases para participar nos dous concursos infantís de Nadal que mantén abertos. Os nenos e rapaces do municipio poderán participar tanto no Concurso de Postais de Nadal, que se celebra por primeira vez no municipio, coma no xa tradicional Certame de Poesía. Nos dous casos, os traballos deberán ser entregados na Biblioteca Pública e sometidos ó veredicto dun xurado formado por técnicos da área de Cultura do Concello. O prazo para entregar os poemas de Nadal remata o día 22 de decembro, mentres que a data elixida para presentar as postais será o vindeiro mércores 10 de decembro. Haberá tres gañadores para o concurso de poesía e un para o de postais. 

 

...

leer más
13/11/2014
O espectáculo infantil Contos de medo que deixan durmir, chega este sábado a Burela da man da compañía teatral A Trastenda dos Contos.

 

O Concello de Burela continua coa súa programación cultural para este outono 2014 e presenta este sábado, 15 de novembro, a obra Contos de medo que deixan durmir, á cargo da compañía A Trastenda dos Contos con Caxoto Contacontos. O espectáculo, dirixido ao público infantil e familiar, dará comezo ás 17:30 horas horas na Casa da Cultura de Burela. 

 

 

O espectáculo Contos de medo que deixan durmir é unha historia que aborda coma tema principal o medo na infancia. Para logralo, sérvese de historias que contan os propios nenos para aprender a rirse do medo e lograr converter este...

leer más
31/10/2014

Bases Concurso Postais Nadal 2014 Biblioteca MunicipalO Concello de Foz organiza, a través da súa biblioteca pública municipal, e en colaboración con Radio Foz e a Oficina de Información ao Consumidor, o seu XIII Concurso de Postais de Nadal. No certame, que dende a organización destacan que é o máis antigo da comarca, poderán participar tódolos rapaces que o desexen con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos.

Os participantes optarán a un primeiro e a un segundo premio en cada unha das tres categorías: infantil ata 6 anos, infantil de 7 a 10 e xuvenil de 11 a 16. Tamén haberá un premio especial para o colexio do que forme parte o alumno premiado. O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 26 de novembro e o fallo do...

leer más