Olímpica

Etiquetas:
29/09/2019

A Piscina Olímpica do Concello de Cervo abreu de novo o seu vaso este mércores pasado despois de efectuar no mesmo tarefas de mantemento.

Os traballos consistiron no lavado a presión do vaso e das paredes da piscina cunha máquina hidrolimpadora,  rexuntando o pavimento e as plaquetas e repoñendo aquelas que se atopan deterioradas.

Así mesmo, a nova tempada de cursos da piscina comeza o próximo martes un de outubro. As inscricións xa están abertas e aquelas persoas interesadas poden, ou ben achegarse ata as instalacións; ou ben chamar ao número de teléfono 982.59.45.12”.

David Rodríguez, edil de deportes, sinalou que o cadro de persoal da piscina está formado por 6 monitores municipais, que ofrecen asesoramento e imparten os diferentes cursos, por grupos de idade; adultos, nenos e bebés...

leer más
Etiquetas:
21/09/2017

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, xunto a unha representación do equipo de socorristas da piscina, presentaron as actividades para as que recordan que está aberto o prazo de inscrición “e aquelas persoas interesadas poden, ou ben achegarse ata as instalacións; ou ben chamar ao número de teléfono 982.59.12”.

Villares sinalou que o cadro de persoal da piscina está formado por 6 monitores municipais, que ofrecen asesoramento e imparten os diferentes cursos, por grupos de idade; adultos, nenos e bebés. Ademáis tamén se ofertan clases de natación para mulleres embarazadas.

Dentro de cada grupo, establécense diferentes niveis en función da destreza do alumno dende iniciación a perfeccionamento. Ademais, tamén se ofrecen actividades complementarias como Aguagym ou o servizo de...

leer más