O musical infantil "A casa do terror" con Xoán Curiel chega o 4 de setembro a Viveiro.

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle este sábado, 4 de setembro, ás 19:00 horas o espectáculo musical infantil A Casa do Terror con Xoán Curiel, dentro de Cultura no Camiño.

A entrada é libre con aforo limitado. A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 161 en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es.

Esta montaxe recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento no ano 2020 e o Premio Martín Codax da Música Galega na categoría de Música Infantil no ano 2019. Ademais recibiu nomeacións nos Premios Ari(t)mar das músicas de Galiza e Portugal no ano 2019.

O espectáculo ten influencias, na música e na estética, das películas de terror dos anos 50 e 60 e imaxinarios como A Bola de Cristal,, a familia Adams ou Scooby Doo. A Casa do Terror é tamén un libro-cd, editado por Editorial Galaxia, e trátase dunha aventura na que un grupo de amigos vese obrigado a durmir nunha casa encantada e vive aventuras divertidas e terroríficas relacionadas coa música, a amizade e a superación dos propios medos. O elenco artístico está composto por Xoán Curiel, Jara Ortiz, Carlos Freire, Alex Salgueiro, Antón Fernández e Sofía Espiñeira.