O Concello de Xove ofrece do 1 de xullo ao 29 de agosto o programa “Mañás Activas” para rapazada a partir de 10 anos

Está aberto ata o 14 de xuño o prazo de inscrición para a iniciativa Mañás Activas do Concello de Xove para a rapazada a partir de 10 anos con actividades organizadas polo Departamento de Deporte e Xuventude e a Oficina de Información Xuvenil. O programa Mañás Activas dará comezo o día 1 de xullo ata o 29 de agosto en horario de 10:00 a 14:00 horas. As prazas son limitadas.

Levarase a cabo a través dun proxecto de voluntariado xuvenil que nesta edición conta con cinco persoas do concello de Xove.