O Foro de Turismo España Verde celebrarase en Ribadeo este venres, 19 de xuño

Ribadeo acollerá este venres, día 19 de xuño, o Foro de Turismo España Verde.

O alcalde ribadense, Dani Vega, anunciou que “Ribadeo vai acoller o Foro de Turismo España Verde, unha marca que se creou no 1989 por 4 comunidades autónomas. Estamos a falar que desde Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco todas xuntas crearon esa marca, esa estratexia de traballar polo turismo verde. Desde logo somos unhas comunidades autónomas que temos unha estratexia conxunta en moitas materias. Estamos falando de que cando nos unimos en materia de infraestruturas, en materia de inversións, en vías de comunicación, tamén na sanidade pública e nos servizos sociais, en materia de industria e de impacto laboral, creo que tamén é moi oportuno xuntarse, analizar e falar de temas como turismo, o turismo de calidade, o turismo verde e acoller a todas estas comunidades autónomas: País Vasco, Cantabria, Asturias e tamén á dirección de Turismo da Xunta de Galicia. Eu agradézolle á Xunta de Galicia, ao director xeral José Manuel Merelles, que escollera a Ribadeo para ser ese punto de encontro para seguir avanzando no turismo de calidade e no turismo verde”.

O rexedor contou que “é unha cita que vai debater e poñer propostas encima da mesa. E tamén temos que unir, e eu creo que moi acertado, falar do turismo verde e a España verde, o norte e unir Galicia Calidade, como marca importantísima, como estratexia, non soamente en turismo, senón en todo, a estratexia da comunidade autónoma e que os Concellos debemos sumarnos, debemos colaborar e debemos propoñer. Ribadeo propón e esta mesa, onde vai estar o director xerente do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, tamén vai estar o presidente do Clúster de Galicia, Cesáreo Pardal, Ana Méndez, que é a directora xeral de Galicia Calidade e Vidal Martínez--Sierra, que é o presidente do GDR Terras de Miranda, que impulsa moitas iniciativas, que financia moitas propostas, e o turismo rural tamén é importante, está dentro dos horizontes da estratexia do GDR e financia e colabora non só agora senón hai moito tempo”. E seguiu a relatar: “e rematará a xornada a Ribeira Sacra como experiencia que funcionou e funciona moi ben como a unión dos Concellos, a xerencia do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra está dando moi bos resultados e creo que é bo escoitar a aquelas persoas que o impulsaron hai moito tempo e están sacando grandes réditos. Alexandra Seara vainos falar e explicar ese éxito. E Tania Hermida, tamén como persoa cunha dilatada experiencia dentro da Mancomunidade da Mariña, falará de tamén de todo o que se está facendo dentro da Mancomunidade”.

Dani Vega engadiu: “un agradecemento profundo a todos os colaboradores, a todas as persoas que entenden que este foro é moi importante, é un foro onde por primeira vez se vai falar desde o punto de vista técnico, porque a primeira mesa é estritamente técnica, porque os discursos están ben, pero hai que sentarse, analizar, profundar desde a técnica e mellorar todas as estratexias”.

Para o alcalde ribadense “é un éxito que Ribadeo acolla este foro, estamos moi contentos. Evidentemente, grazas a todas as comunidades autónomas por asistir, acompañar e vir a falar dende Ribadeo e enviar unha mensaxe de que somos calidade e somos un turismo verde”.