O VIII Foro Labrego de Agroecoloxía terá lugar en Mondoñedo os días 7 e o 8 de febreiro

Os días 7 e 8 de febreiro, sábado e domingo, celebrarase en Mondoñedo o VIII Foro Labrego de Agroecoloxía baixo o título A agroecoloxía é o relevo. O encontro, organizado polo Sindicato Labrego Galego co financiamento da Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, terá lugar no Pazo de Santomé.

Haberá palestras centradas no relevo xeracional, visitas a proxectos labregos e xantares agroecolóxicos.