Programa
O vindeiro luns, 26 de agosto, ábrese o prazo de inscrición no programa AXILMENTE, que organiza a Concellería de Servizos Sociais, en Burela.
A edil Noelia Mª Ben explicou que “dende o vindeiro luns, 26 de agosto, e ata esgotar prazas (2 grupos de 15), as persoas maiores de 65 anos residentes no Concello de Burela, con preferencia os/as empadroados/as, poderán inscribirse no programa AXILMENTE, que terá lugar en dúas quendas: luns/mércores e martes/xoves de 17:00 a 18:30 horas na Casa da Terceira Idade. A actividade dará comezo o 2 de setembro”.
A concelleira de Servizos Sociais sinalou que “se trata dun obradoiro de promoción da autonomía persoal, de carácter gratuíto, baseado na estimulación cognitiva e na prevención da dependencia, no que se pretenden traballar as variables que determinan o envellecemento...
leer másO programa especializado en turismo de Onda Cero Radio Gente Viajera, que dirixe e presenta Esther Eiros, realizarase en directo desde o salón de plenos do Concello de Burela este domingo, día 16, de 12 a 14 horas. A emisión do programa é aberta ao público con entrada libre ata completar o aforo.
O espazo, que se escoitará a través de todas as emisoras de Onda Cero Radio, estará dedicado fundamentalmente a promover os atractivos turísticos da zona norte da provincia de Lugo e entre os invitados que serán entrevistados por Esther Eiros e o seu equipo de colaboradores (xornalistas especializados en turismo) estarán o alcalde de Burela e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano; o presidente da Federación de Comercio A Mariña (FCAM), José Carlos Paleo; e o xerente de Armadores de Burela (ABSA), Miguel Neira.
... leer másA alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, xunto a Venerable Orde Terceira de San Francisco, dan a coñecer o programa da Semana Santa da localidade, que un “ano máis ofrece un programa completo, que comeza o venres coa nova procesión das Dores, que se celebra por segundo ano na cidade, e remata coa misa do Domingo de Pascua, presidida polo Bispo”.
A Semana Santa de Mondoñedo está organizada pola Fraternidade Local da Venerable Orde Terceira de San Francisco, fundada en Mondoñedo, o 24 de febreiro de 1734, coa que colaborano Concello, Protección Civil, entidades locais e os veciños e voluntarios.
A alcaldesa de Mondoñedo agradece un ano máis o compromiso dos veciños e voluntarios que se involucran “dun xeito moi especial” na organización da “nosa Semana Santa que reúne séculos de historia, tradición e recollemento...
leer másO Concello de Cervo vén de presentar, xunto as diferentes asociacións do municipio que organizan e colaboran nos diferentes actos, o programa de Nadal deste ano.
Este mesmo domingo, 10 de decembro, terá lugar no Pavillón de Cervo, o Mercado Solidario, organizado pola Asociación Airiños do Xunto, coa colaboración do Concello de Cervo. Será a partir das 12:00 horas. Aquelas persoas que o desexen poderán doar xogueste novos ou facer a súa aportación nas huchas que estarán á súa diposición.
Xa o sábado 16 de decembro, terá lugar a III Canastra Solidaria, que foi presentada en días pasados. Esa tarde, no Pavillón da Veiga, disputaranse diferentes partidos de baloncesto e haberá actividades e sorpresas para os máis pequenos. Ata esa data, recóllense alimentos no supermercado Familia, e xoguetes novos na Casa da Cultura...
leer másO alcalde, Alfredo Llano, invita aos veciñ@s e visitantes a participar estes días nos desfiles procesionais para consolidar a Semana Santa burelesa, á vez que agradece o traballo feito polos organizadores.
O rexedor salientou que “en Burela se está a celebrar este ano a Semana Santa dunha forma moi intensa, se organizou con moito tempo e se está preocupando a xente de que salgan os actos interesantes e atractivos”.
Alfredo Llano relatou que “hoxe temos, ás seis e media, a celebración da última Cena e o Lavatorio dos pés, e despois a procesión da Oración da Horta das Oliveiras ás nove da noite. Ten un percorrido pola rúa da Igrexa, do Correo, Eijo Garay, Pardo Bazán, Curros Enríquez, Rosalía de Castro e regreso”.
O alcalde subliñou que “este ano como novidade hai instalada unha carpa a...
leer másA alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, participou esta mañá na presentación do programa da Semana Santa 2017, organizada pola Venerable Orde Terceira, e coa que colabora o Concello de Mondoñedo ademais doutras entidades locais.
Elena Candia destacou o “intenso” e “moi completo” programa de actos para a Semana Santa mindoniense. Así, explicou que dende o Concello “estamos a traballar para poñela en valor”, polo que o Goberno local está a facer as xestións oportunas para que esta celebración sexa declarada de Interese Turístico Galego.
“A Semana Santa de Mondoñedo é moi antiga e singular e ofrece características de gran beleza, como son a celebración do Vía Crucis cara o Mosteiro dos Picos ademais de que as súas procesións son moi participativas e recollidas, nas que destacan pezas pola súa antigüidade como unha...
leer más