Programa

Etiquetas:
27/03/2026

O Concello de Cervo presenta unha “ampla e diversa” programación con motivo da Semana Santa, que se desenvolverá entre o 28 de marzo e o 6 de abril, “co obxectivo de dinamizar a vida social e cultural do municipio, contando coa imprescindible colaboración das asociacións locais”.

A programación arrinca este sábado, 28 de marzo, coa X Foliada Nordestía en San Ciprián, organizada pola Asociación A Rebolaxe, coa colaboración do Concello, que contará coas actuacións xa entrada a noitiña de Os Carecos, Clan Maragato e Lamatumbá en San Ciprián. Ademais haberá animación musical durante todo o día, cantos de taberna, diversos obradoiros e un xantar popular que terá lugar na Praza dos Campos.

O Concello de Cervo tamén anuncia que “no ámbito cultural destaca a representación teatral Aire Fresco, este domingo no...

leer más
12/03/2026

O Concello de Cervo abre este xoves, 12 de marzo, o prazo de inscrición para participar nunha nova edición do programa Cervo Concilia en Semana Santa, unha iniciativa pensada para facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares. As inscricións poderán formalizarse ata o 24 de marzo na Casa da Cultura ou no Concello.

Co obxectivo de trasladar toda a información sobre esta nova convocatoria, a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, mantivo un encontro na Casa da Cultura coas ANPAS dos dous centros educativos do municipio, o CEIP de Cervo e o CEIP Península da Paz. Durante a reunión abordáronse os detalles do programa, os prazos de inscrición e diferentes cuestións de interese para a comunidade educativa.

Ademais no encontro tamén se tratou o funcionamento doutros programas municipais...

leer más
25/02/2026

O Concello de Cervo achegará a música ás crianzas desde as idades máis temperás dentro da nova actividade Brincos Musicais, dentro do programa infantil Brincos de Lecer. O inicio do programa está previsto para o mércores 4 de marzo. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura ou a través do teléfono 982.59.51.57.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, presentou esta actividade, que “aposta pola estimulación e a formación musical desde as primeiras idades”, nun acto no que tamén participou a musicoterapeuta María Fuente García, encargada de impartir as sesións.

A iniciativa desenvolverase os mércores na Casa do Mar e está estruturada en dous grupos diferenciados por idades. De 16.00 a 17.00 horas terá lugar o obradoiro de Iniciación Musical, dirixido a nenos e nenas de 4 a 7 anos, mentres que de 17....

leer más
22/02/2026

O Concello de Viveiro solicita ás asociacións, clubs deportivos, comisións de festas e demais entidades do municipio que trasladen ao Concello nas vindeiras semanas a relación de actividades e eventos que teñen previsto organizar ao longo do ano. Tamén solicitan que se comuniquen antes do día 31 de marzo as necesidades que, para a súa celebración, prevén solicitar á administración local. Esas necesidades inclúen, entre outras, o uso de espazos municipais, a reserva de instalacións, o préstamo de material, a coordinación de loxística e servizos, ou calquera outra colaboración que dependa do Concello de Viveiro.

“O obxectivo desta recollida de información é poder coñecer con tempo suficiente o calendario de eventos previstos e facilitar unha planificación máis eficiente. Deste xeito, preténdese evitar a coincidencia de varias actividades nas...

leer más
Etiquetas:
31/01/2026

O programa de educación rural da Vicepresidencia a Deputación de Lugo Da Escola á Granxa medra cun novo material lúdico e didáctico, o Xogo da Pita Choca.

O deputado de Rural, Daniel García, presentou este sábado no Pazo de San Marcos este novo recurso, nun acto que contou coa presenza de asociacións de nais e pais que participaron no programa, coa concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza de Lugo, Cristina López; e con Leticia Gutiérrez; tesoureira da Federación Provincial de  Anpas de Lugo, que vén colaborando desde o inicio na organización do programa.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo explica que “O Xogo da Pita Choca, deseñado por Inés López Penelas, de Inpe, e Cristina Rodríguez, de ZZ Design, conta cun taboleiro en espiral, de 63 casiñas numeradas,  ilustradas con  animais e ...

leer más
16/01/2026

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova edición de Tradigalu, programa que levará actuacións de grupos de música tradicional, bandas e corais polas distintas comarcas da provincia.

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que “ten como principal obxectivo promover e difundir a música popular e tradicional, fomentando a súa presenza nas programacións musicais e culturais por todo o territorio da provincia.

A deputada de Cultura, Iria Castro, lembrou que “en 2025 Tradigalu permitiu programar máis de 300 actuacións, consolidándose como unha das principais vías de apoio á actividade de asociacións veciñais e culturais en parroquias e concellos de toda a provincia e tamén un importante soporte para o tecido asociativo da música tradicional, decenas de agrupacións que participan...

leer más
Etiquetas:
10/01/2026

A Deputación de Lugo abre o día 12 de xaneiro, luns, o prazo para solicitar a participación no Coñece a túa Provincia,  o programa de viaxes gratuítas da institución provincial que nesta nova edición ofrece máis de 3.000 prazas. As bases do programa foron publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP), e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde este 12 de xaneiro, ás 12 da mañá, ata o 16 deste mes.

O programa mantén a oferta de 44 rutas polos 67 concellos da provincia, ás que se engaden 7 rutas accesibles deseñadas especificamente para colectivos de persoas con discapacidade física.

A Deputación de Lugo destaca que “como novidade, nesta nova edición priorizaranse as entidades que non participaron en convocatorias anteriores, garantindo así a oportunidade de...

leer más
Etiquetas:
10/10/2025

O Concello de Alfoz pon en marcha unha nova edición do programa ActivaMENTE, unha iniciativa dirixida a pensionistas e persoas maiores de 55 anos que busca promover o envellecemento activo e saudable a través da estimulación cognitiva. As sesións desenvolveranse no Centro Sociocultural de Alfoz todos os xoves ás 10:30 horas a partir do 17 de outubro e a inscrición permanecerá aberta durante todo o ano.

“O programa ofrece un espazo de aprendizaxe, participación e socialización no que se traballan aspectos como a memoria, a atención, a linguaxe, o razoamento ou a orientación, favorecendo así o mantemento das capacidades mentais e o benestar emocional das persoas participantes”, explica o Concello de Alfoz.

A alcaldesa, Efigenia Maseda, salientou que “ActivaMENTE é un dos programas máis valorados...

leer más
Etiquetas:
24/09/2025

O Concello de Xove, a través da súa Área de Muller e Igualdade, activa o servizo de conciliación Xovesperta, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos matriculados no CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán. Este mércores foi presentado o programa e no acto participaron o alcalde, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Educación, María Dolores Meitín; a concelleira de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade; María Tamara Soto; e representantes da directiva da ANPA do CEIP Pedro Caselles Rollán.

O programa desenvolverase durante todo o curso escolar 2025-2026, de luns a venres en días lectivos dende as 7:30 da maña, co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar.

As inscricións poden formalizarse ata o 25 de setembro na OMIX de Xove ou a través da Sede Electrónica do...

leer más
Etiquetas:
24/09/2025

O Concello de Cervo pon en marcha unha nova edición do programa Arruguiñas, dirixido ás persoas maiores de 60 anos. Comezará no mes de outubro e prolongarase ata xuño de 2026. O prazo de inscrición estará aberto a partir deste xoves, día 25 de setembro, na Casa da Cultura e no Concello.

“Trátase dunha proposta integral de envellecemento activo, que se desenvolverá entre outubro de 2025 e xuño de 2026, con talleres de memoria, terapéuticos, inglés, rutinas de exercicio, lingua de signos ou actividades de socialización, todas elas gratuítas”, explica o Concello de Cervo.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, destaca que “este programa nace co obxectivo de dinamizar o día a día das nosas persoas maiores, ofrecéndolles recursos para manterse activos física, mental e socialmente, e lembrándolles o papel fundamental que...

leer más