De balde

Etiquetas:
07/11/2023

A cantante tinerfeña Ana Guera ofrecerá este xoves, día 9, un concerto en Ribadeo. O alcalde, Dani Vega, asegura que se trata dunha aposta clara pola  música en directo e pola cultura. 

O rexedor contou que “este xoves, día 9, recibiremos en Ribadeo a Ana Guerra, que nos deleitará coa súa voz no auditorio municipal Hernán Naval a partires das 20:30 horas”. 

Vega explicou que “Ana Guerra chega da man de Cadena Dial, á que lle queremos dar as grazas polo seu traballo e pola súa colaboración co Concello de Ribadeo para facer posible este concerto, que será gratuíto. É unha aposta clara pola música en directo e pola cultura, en definitiva”. 

O alcalde dixo que “todas aquelas persoas que desexen asistir a este concerto o único que teñen que facer é retirar os seus convites, en horario de mañá...

leer más
Etiquetas:
24/10/2023

O grupo teatral O Torqués, de Burela, presenta a obra titulada ‘ODT-TIVE’ na Casa da Cultura do Vicedo este sábado, día 28 de outubro, ás 19:00 horas. A entrada é de balde.

É unha actividade organizada pola Asociación de Veciñ@s de San Román (O Vicedo) ao abeiro do Ciclo de Teatro Afeccionado 2023 da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A sinopse da obra é a seguinte: “o Señor Godofredo de Bouillón foi asasinado no seu estudo (un recinto pechado por dentro). Atopado o corpo polo criado, xorde entón a seguinte incógnita: se o señor Godofredo foi asasinado de 23 puñaladas, cómo non hai unha soa mancha de sangue no lugar? Un inspector de renome é convocado para dar resposta a este misterioso asasinato. Quen o introducirá nos detalles do crime será o criado da casa onde se cometeu o crime. A impericia e a falta de...

leer más
18/10/2023

A Fundación Galiza Sempre presenta o 25 de outubro, mércores, o filme documental “Xove, democracia nuclear”. A obra, que recolle a loita das veciñas e veciños da comarca da Mariña contra a central nuclear de Xove na década dos anos 70, proxectarase ás 19:30 horas no Salón de Usos Múltiples do Concello de Viveiro.

“Xove, democracia nuclear” é un filme dirixido polo xornalista leonés Pedro Lechuga Mallo e nel participan militantes históricos do nacionalismo e veciñas e veciños da comarca da Mariña que xogaron un papel vital na oposición á central nuclear. Un deles, Francisco Luís R. Guerreiro, será o encargado de guiar o coloquio posterior á proxección do documental.

A entrada é de balde até completar o aforo.

Etiquetas:
26/09/2023

Dentro do Circuíto de Teatro Profesional da Provincia de Lugo 2023, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Ítaca Teatro, con Elea López e Carlos Rebolo, representan a obra titulada ‘Cinco minutos sen respirar’. Será no salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro este sábado, 30 de setembro de 2023, ás 20:00 horas con entrada de balde. É unha representación que se recomenda para público adulto.

‘Cinco minutos sen respirar’, de Gustavo Ott, fala “da vida, dos abusos bancarios, da explotación laboral, do suicidio, da familia, da violencia... e de tantas outras cousas que non dá tempo a resumilas en cinco minutos...”.