
O Concello de Alfoz anuncia que “un ano máis, novembro será o mes do teatro en Alfoz, cunha programación de catro comedias para todos os públicos que poderemos desfrutar durante os sábados do mes”.
O día 7 de novembro a obra será Paixón de Bulevares, de Quemaistén Teatro (As Pontes); o 14 representarase Terra, voz e... acción!, de Metátase Teatro (Palas de Rei); o día 21, Ai! Señor, señor, de A Adala (Fazouro-Foz); e o 28, O autobús, de O Centiño (Foz).
Todas as representacións son comedias para todos os públicos e están programadas para as 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz, con entrada de balde.


