Alfoz
A Oficina de Turismo do Concello de Alfoz convoca un concurso de fotografía da Estrela do Castelo de Pardo de Cela en Facebook e Instagram.
Para participar hai que seguir as contas de turismo de Alfoz en Facebook ou Instagram, comentar a publicación sobre este concurso e publicar unha fotografía da estrela do Castelo de Pardo de Cela.
“Se segues todos estes pasos tes premio asegurado e para recollelo deberedes pasar no horario de apertura da Oficina de Información Turística: venres de 15:00 a 18:30 horas; e sábados, domingos e festivos, de 10:30 a 14:00 e 15:00 a 18:30 horas”, explica o Concello de Alfoz.
O prazo para participar remata o 15 de xaneiro.
Alfoz terá actividades de Nadal os días 14, 21, 28, 29 e 30 de decembro, todas elas con entrada de balde.
O Concello de Alfoz anuncia: “chega o mes de decembro e con el unha ampla e variada planificación de actividades programadas dende a Área de Cultura. O día 14 ás 19.00h no salón de actos, teremos unha xornada para os máis pequenos e as súas familias, coa representación teatral e musical de "O apalpador e as palabras perdidas", con agasallos para todos os nenos e nenas asistentes, ao acabar a función farase entrega dos premios do XXII Concurso de postais de Nadal. Tamén se inaugurará a exposición na Biblioteca de toda as postais presentadas ao concurso. O día 21 teremos unha visita moi especial na Biblioteca Municipal, desde as 18:00 ata as 20:00 horas estará Papá Noel para recibir a todos os nenos e nenas, coñecelos e falar con eles,...
leer másEste sábado, día 30 de novembro o grupo Teatro do Miolo, de Lugo, representará a obra titulada Saíndo do cerco, na Casa da Cultura de Alfoz ás 20:00 horas.
O Concello de Alfoz anuncia que é “unha comedia para todos os públicos desenvolta cando Suso entra nun centro de maiores. Pensa que por estar na última etapa da súa vida, esta xa non merece ser vivida. Amalia, unha compañeira da residencia, pode ser a peza que faga dar un xiro aos acontecementos, facendo que Suso atope o sentido da súa vida”.
É unha representación incluída no Circuíto de teatro profesional da Deputación de Lugo 2024.
O Concello de Alfoz presenta o seu programa de actividades para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, baixo o lema "Libres e iguais: cada día máis fortes". Este lema reflicte o compromiso do municipio coa loita contra esta problemática, promovendo a igualdade e a seguridade para todas as mulleres.
Entre as accións previstas, destaca a iluminación da Casa do Concello en cor violeta durante a semana do 25N, como símbolo de rexeitamento a esta lacra social e en apoio ás vítimas. Tamén se realizarán actividades de concienciación nos centros educativos do municipio, tanto no CEIP coma no IES, coa iniciativa "As mulleres que nos constrúen", que se desenvolverá ao longo do curso escolar.
Como parte do programa, o Concello entregará portabocadillos co lema da campaña aos mozos e...
leer másO grupo teatral A Adala, de Fazouro, representará a obra titulada Marina Club en Alfoz este sábado, día 23 de novembro. Será ás 20:00 horas na Casa da Cultura.
O Concello de Alfoz explica que “esta semana estaba programada a actuación do Grupo de Teatro Ardora, de Cervo, coa súa obra "Aire fresco", pero por problemas do persoal do grupo a actuación tivo que ser aprazada a outro momento. No seu lugar teremos o pracer de ter ós máis veteranos do grupo A Adala, de Fazouro, coa súa nova obra "Marina Club". Unha comedia para todos os públicos que xira entorno a un club de alterne no que a amizade entre clientela e persoal salvan a unha rapaza cunha mentira piadosa. Na trama mestúranse enganos que ocultan unha crúa realidade, amizades que salvan, mulleres que descobren a Marx, unha monxa e un negocio que dá un xiro inesperado. Aínda que a obra...
leer másA segunda edición do Mercado de Nadal en Alfoz celebrarase o día 6 decembro, venres, no atrio de San Pedro. Será de 11:00 a 20:00 horas. Está organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo e a Asociación Veciñal de Mor.
Haberá postos de comida, artesanía, adornos de Nadal, turróns, bixutería, obradoiro para os máis pequenos/as ás 12:00 e ás 17:00 horas e sorteo de produtos.
Ademais ás 18:30 horas farase o acendido as luces de Nadal a cargo da Asociación Veciñal de Mor e a continuación actuará o Coro de Mondoñedo.
A organización do evento destaca que haberá carpa e calefacción.
A comparsa Os Fandangueiros, de Alfoz e O Valadouro, celebrará a quinta edición da súa cea baile o día 30 de novembro, sábado, ás 21:30 horas no pavillón polideportivo de Alfoz.
A organización do evento anuncia: “a cea estará servida polo catering Chao da Brea e contaremos con Belinda e Conxuro DJ para amenizar a noite; ademais teremos sorteos e moitas ganas de festa. Para anotarvos poderedes contactar por teléfono (último día para facelo é o 26 de novembro) con Laura (679.566.111) ou Natalia (603.670.661). A partir das 00:00 horas libre acceso a todo aquel que queira acercarse a desfrutar da festa. Animádevos”.
O grupo teatral Os Pícaros de Lagoa representarán a obra titulada “Era boa se colara!!!” este sábado, día 16 de novembro, en Alfoz. Será na Casa da Cultura ás 20:00 horas.
Está incluída no ciclo de teatro organizado polo Concello de Alfoz, que anuncia: “os nosos veciños do Grupo de Teatro Os Pícaros de Lagoa, fundado no 2017 na parroquia de Lagoa, veñen a representar a súa obra Era boa se colara!!!, unha comedia costumista que nos trae como moralexa que a xente de aldea é moi lista”.
O grupo teatral A Adala Futura representará a obra titulada Rosalía Café este sábado, día 9 de novembro, en Alfoz. Será na Casa da Cultura ás 20:00 horas.
É unha actividade incluída no Mes do Teatro organizado polo Concello de Alfoz, que explica: “o grupo de teatro de Fazouro (Foz) A Adala Futura, nacido no ano 2016 cando A Adala Teatro se embarcou nun proxecto pedagóxico para achegar o teatro aos integrantes máis novos da asociación, presenta a súa obra Rosalía Café, unha comedia para todos os públicos. Nesta obra unha rapaza de aldea decide marchar á capital para buscarse a vida montando un pub. No local terá unha clientela moi divertida e peculiar e cada día deberá facer fronte a un sinfín de conversas sobre temas moi diferentes. Por se isto fora pouco tamén recibirá a visita dos seus amigos da aldea. Pero estes amigos non encaixarán...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza percorrido pola Ruta dos Castelos, no entorno da Frouxeira (Alfoz), para o día 9 de novembro, sábado. A distancia a percorrer son nove quilómetros e a dificultade é media. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante de Ferreira do Valadouro.
A saída será ás 09:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 7 de novembro, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 (Mahía) ou 658.09.71.33 (Javier). O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.