
A parroquia de Lagoa, no concello de Alfoz, celebrará a feira e festas na honra a Santiago Apóstol e Santa Ana os días 24, 25 e 26 de xullo de 2025.
As actividades comezarán este xoves, día 24, ás 21:00 horas con sardiñada, torrezmada e chourizada (con servizo de mesas e bancos). A continuación haberá festa verbena co dúo Belinda e DJ Pataquiña.
O venres ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e despois sesión vermú amenizada pola orquestra Magos de España, que tamén actuará na verbena.
E o sábado ás 13:00 horas haberá misa solemne e a continuación sesión vermú amenizada por unha banda de música e o dúo Crazy.
O recinto da festa estará cuberto con carpa, anuncia a organización, que corre a cargo da asociación veciñal San Vicente de Lagoa.