Raquel Crespo presenta o espectáculo “Punto en boca: entre fíos anda o lío” en Alfoz este sábado, 12 de xullo

Alfoz acollerá a obra Punto en boca: entre fíos anda o lío, “un espectáculo teatral de Raquel Crespo que entrelaza emoción, música e historia”, anuncia o Concello. Será este sábado, día 12 de xullo, ás 20:30 horas na Casa da Cultura.

Da dramaturxia desta obra ocúpase Susana Crespo e a música é de Xosé Lois Romero.