Alfoz

02/06/2025

A parroquia de Bacoi, no concello de Alfoz, celebrará as festas na honra a San Antonio este domingo, día 8 de xuño.

As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne, procesión e sesión vermú, amenizada polo dúo Matices, que tamén ofrecerá unha sesión de tarde, a partir das 18:00 horas.

Ademais haberá comida campestre na carpa instalada no adro da igrexa. Os tíckets para participar no xantar están á venda ata o martes 3 de xuño.

30/05/2025

O Concello de Alfoz organiza unha nova edición do Ludiverán, un programa de actividades lúdicas para nenos e nenas nados entre o ano 2013 e o 2022. Desenvolverase do 30 de xuño ao 29 de agosto. Será de 9:00 a 14:00 horas, con entrada flexible ás 10:00 e saída ás 13:30.

As prazas son limitadas e o prazo para apuntarse estará aberto do 2 ao 12 de xuño Pódese facer a inscrición de forma electrónica ou persoalmente na Casa do Concello.

“Unha proposta pensada para conciliar e facer do verán un tempo de aprendizaxe e entretemento”, anuncia o Concello de Alfoz.

 

Etiquetas:
25/05/2025

Alfoz acollerá dous campamentos dixitais: un será do día 23 ao 27 de xuño e o outro desenvolverase desde o 30 dese mes ata o 4 de xullo.

O Concello de Alfoz explica que haberá “actividades presenciais de balde en competencias dixitais para nenas, nenos e adolescentes; aventuras, misións e retos adaptados á súa idade; aprenderán a usar Internet e ferramentas dixitais de xeito útil, seguro, creativo e responsable”.

Do 23 ao 27 de xuño de 10:00 a 14:00 horas será para os/as nados/as entre 2012 e 2017. E do 30 de xuño ao 4 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas está destinado os/as nados/as entre 2008 e 2011.

As inscricións serán do 26 de maio ao 4 de xuño e poderanse facer nas oficinas de rexistro da Casa do Concello ou a través da sede electrónica.

Para realizar a...

leer más
24/05/2025

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, anuncia: “o xoves 29 de maio ás 12:00 horas teremos con nós a Raquel Queizás para homenaxear ás cantareiras e á poesía popular oral”. Será co espectáculo de narración oral para nenas e nenos titulado A touporroutou, que terá lugar na Casa da Cultura de Alfoz.

Ademais a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo convocou un ano máis o certame de narración e debuxo polo Día das Letras Galegas e explica: “a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía; e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens. Nenos e nenas ata os 16 anos, estamos esperando as vosas obras! Podedes...

leer más
Etiquetas:
22/05/2025

O Concello de Alfoz amplía a súa programación deportiva cunha nova actividade: un curso de pádel que se desenvolverá entre o 7 de xuño e o 5 de xullo, e que está dirixido a nenos e nenas desde os 6 anos, mocidade e persoas adultas. As inscricións están abertas ata o día 30 de maio.

Esta proposta, que se ofrece por primeira vez no municipio, terá lugar os luns e sábados pola tarde, cunha distribución de horarios por tramos de idade: de 6 a 12 anos, sábado de 16:00 a 17:00 horas (gratuíto); de 13 a 17 anos, luns de 19:00 a 20:00 horas e/ou sábado de 17:00 a 18:00 horas (gratuíto); e maiores de 18 anos: luns de 20:00 a 21:00 horas, sábado de 18:00 a 19:00 ou de 19:00 a 20:00 horas, que deberán pagar 10 euros ao mes por unha sesión semanal ou 15 euros ao mes por dúas sesións semanais. As inscricións poderán formalizarse no Rexistro do Concello...

leer más
18/05/2025

Fran Rei ofrecerá o espectáculo titulado O conto de Barriga Verde no acto de entrega de premios do concurso das Letras Galegas de Alfoz o día 24 de maio, sábado, ás 19:30 horas na Casa da Cultura.

“Agardámosvos cunha divertida proposta para público infantil e familiar: O conto de Barriga Verde, da man de Fran Rei. Un espectáculo cheo de humor, maxia e tradición que fará as delicias dos máis pequenos e tamén dos maiores! Ao remate, terá lugar a entrega de premios do Concurso das Letras Galegas 2025. E todos os nenos e nenas asistentes recibirán un agasallo e un diploma pola súa participación!”, anuncia o Concello de Alfoz.

Etiquetas:
15/05/2025

A Asociación Veciñal de Mor (Alfoz) organiza unha excursión a Santa Eulalia e Vilanova de Oscos, en Asturias, para o día 25 de maio, domingo.

“O domingo 25 de maio organizamos unha excursión para todos os nosos veciños e veciñas e para todos aqueles que queiran gozar dunha agradable xornada. A ruta será a seguinte: saída pola mañá en autobús dende Alfoz; visita guiada á Casa Natal do Marqués de Sargadelos, en Santa Eulalia de Oscos; visita guiada ao Mazo de Mazonovo, en Santa Eulalia; comida no Restaurante Casa Pedro, en Santa Eulalia; visita á cascada de Morlongo, en Vilanova de Oscos (dificultade baixa); e regreso a Alfoz. O prezo da excursión é de 35 euros para os socios, 45 euros para os non socios e 20 euros para os nen@s ata os 12 anos. O prezo inclúe a viaxe en autobús, as entradas e visitas anteriormente mencionadas e a comida”,...

leer más
Etiquetas:
15/05/2025

A parroquia de Carballido, no concello de Alfoz, acollerá a primeira Andaina e Xantar Popular do Trece este sábado, día 17 de maio.

Este evento está organizado pola Asociación de Veciños San Sebastián, de Carballido que anuncia: “faremos unha andaina de dificultade baixa pola mañá, polos bonitos rincóns da contorna do Trece (de 11,5 quilómetros e dúas horas de duración aproximadamente. E despois, en recinto cuberto con carpa, disfrutaremos cunha sesión vermú, seguida dun xantar; un tardeo, co cantautor Mario Botella, que versionará coa súa guitarra en directo temas do pop/rock dos 80 e 90. Música e karaoke para os que queirades cantar cos nosos amigos de A mi manera”.

As persoas interesadas en máis información sobre este evento poden contactar co teléfono 636.010.619.

06/05/2025

Con motivo do Día das Letras Galegas o Concello de Alfoz organiza un certame de narración e debuxo e un evento que se celebrará o día 17 de maio.

O Concello de Alfoz anuncia: “está aberto o prazo para participar no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2025. Se es nena ou neno empadroado en Alfoz ou estudas no CEIP Castro de Ouro ou no IES Alfoz-Valadouro, esta é a túa oportunidade. Entrega de traballos, ata o 12 de maio, no colexio ou na Biblioteca Pública de Alfoz”. As persoas interesadas poden obter máis información chamando ao teléfono 982.571. 270. O tema é Ler con coñecemento e hai tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos”.

E o día 17 de maio, sábado, ás 19:00 horas celebrarán o Día das Letras Galegas na Casa da Cultura de Alfoz cunha homenaxe á tradición oral,...

leer más
26/04/2025

O domingo 11 de maio o Pavillón de Alfoz acollerá a celebración do II Día da Veciñanza de Alfoz, unha xornada de encontro e convivencia organizada polos colectivos parroquiais de Alfoz e a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, coa colaboración do Concello de Alfoz.

O Concello de Alfoz anuncia que “a programación comezará ás 13:00 horas coa sesión vermú e continuará coa comida ás 14:00 horas, todo ambientado coa música en directo do grupo La Tremenda. O menú incluirá cecina, xamón, chourizo, queixo, empanada, codillo, sobremesa (milfollas e tarta xeada), café e viño. Ao longo do día haberá momentos de diversión para os máis pequenos e tamén sorteos para o resto da veciñanza, para que ninguén quede sen desfrutar dunha xornada festiva pensada para todas as idades”.

As persoas interesadas en participar deberán...

leer más